Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sede de Televés en Conxo acolleu a nova sesión plenaria da Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sede de Televés en Conxo acolleu a nova sesión plenaria da Cámara de Santiago

S. P.
Publicado: 23/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pleno_camara_comercio_santiago_televes_deputacion_coruna.jpgA Cámara de Comercio de Santiago celebrou este 21 de maio unha nova sesión plenaria na sede da empresa tecnolóxica Televés, no barrio de Conxo, ao abeira da estratexia da entidade por deslocalizar as súas sesións de traballo, co obxectivo de abrirse ao tecido produtivo da súa demarcación territorial. Na sesión estiveron presentes Santiago Rey, director executivo (CEO) de Televés Corporación e o seu secretario xeral, Jorge Lorenzo.
A presidenta da Cámara, María Pais, e o resto de vogais do pleno da Cámara de Comercio tiveron ocasión de coñecer de primeira man as áreas de negocio e os proxectos nos que está a traballar esta empresa, referente internacional no deseño, desenvolvemento e fabricación de solucións para infraestruturas de telecomunicacións tanto no ámbito do fogar como en edificios e cidades, que conta con máis de 20 firmas industriais e de servizos e emprega a máis de 900 persoas en distintos países.
Na súa intervención, Jorge Lorenzo destacou o labor de investigación continua da Corporación o que posibilita que teñan superado os 200 rexistros de propiedade industrial, 80 dos cales son patentes de invención, así como o compromiso da firma coa I+D+i á que destinan o 7% da cifra de negocio da entidade.
A sesión contou tamén coa intervención da responsable da área de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Corporación provincial (Deputación da Coruña), Rosa Ana García López, quen destacou a labor da Cámara compostelá no desenvolvemento económico e a promoción de iniciativas empresariais innovadores e sostibles. Neste sentido, manifestou a vontade de colaboración da Deputación coa entidade cameral para a posta en marcha de programas de apoio ao tecido empresarial da provincia, mediante a prestación de servizos orientación, asesoramento, acompañamento, mentoring e financiamento a persoas emprendedoras e empresas no seu proceso de desenvolvemento e consolidación.
De igual xeito informou sobre os esforzos que se están a realizar desde a Deputación da Coruña para apoiar ás empresas e persoas emprendedoras a través do Plan de Emprego Local (PEL), o cal, ten como obxectivo principal “fomentar o emprego de calidade, promover o emprendemento como motor de xeración de emprego e creación de empresas, especialmente en áreas rurais, buscando así fixar poboación e mellorar o benestar social no noso territorio, contribuíndo desta forma ao desenvolvemento socioeconómico da provincia”. Segundo este fío dixo que “nos últimos oito anos, o PEL investiu máis de 106 millóns en axudas e proxectos dirixidos a mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, así como á creación de máis de 6.000 empregos directos”.
Pola súa banda a presidenta da Cámara, María Pais, destacou o compromiso da entidade “co fortalecemento do tecido empresarial e a promoción do crecemento empresarial e o emprego da demarcación cameral, traballando en estreita colaboración cos axentes clave do territorio, como é a Deputación, polo que agradeceu o compromiso compartido para lograr un desenvolvemento socioeconómico sostible e equitativo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?