Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xesol, distinguida nos Premios de Industria e Enerxía pola súa visión artificial para a mobilidade segura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xesol, distinguida nos Premios de Industria e Enerxía pola súa visión artificial para a mobilidade segura

S. P.
Publicado: 23/05/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

premiosgaliciaindustriaenergia.jpgO Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a Organización de Palangreiros Gardeses (ORPAGU), a Universidade de Vigo, BETA Implants, UNVI (Unidade de Vehículos Industriais do Grupo Pérez Rumbao), Enor Ascensores, Xesol Innovation e o Concello de Vigo foron as entidades e empresas distinguidas cos Premios de Industria e Enerxía de Galicia 2024. A maiores, o xurado concedeu unha Mención Especial a UROVESA, empresa con sedes en Valga e Santiago, pola súa traxectoria na construción de vehículos especiais de gran tonelaxe e capacidade. Houbo proxectos netamente tecnolóxicos, como o xemelgo dixital do CTAG ou o bus intelixente de UNVI. Tamén cómpre salientar a contribución da viguesa Xesol Innovation, distinguida pola súa solución baseada en redes neuronais aplicadas á Visión Artificial orientada á Industria 4.0.
Os galardóns foron convocados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) co obxectivo de “recoñecer e premiar as mellores traxectorias e a implantación de boas prácticas nos eidos da industria e a enerxía en Galicia, así como as contribucións realizadas polos profesionais ou entidades nestes tres últimos anos”, explicou Julio García Cordonié, decano do ICOIIG e presidente da AIIG.
A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase na Gala da Industria e Enerxía de Galicia o venres 31 de maio, a partir das 20:00 horas, no auditorio da Sede Afundación en Vigo.
O CTAG e ORPAGU foron galardoados co Premio á mellor actuación en industria polo seu proxecto Xemelgo dixital na industria frigorífica. Aplicación de tecnoloxías disruptivas na industria tradicional. Servíndose dun modelo virtual de frigorífico, os expertos do CTAG descubriron o sistema idóneo para a descarga e clasificación do peixe buscando entre tecnoloxías que xa se utilizan noutros sectores, como o da automoción ou o cárnico. Para lograr o resultado desexado, o CTAG tivo en conta aspectos como a produtividade, a ergonomía, a rastrexabilidade ou a diferenciación. Así, decantáronse por unhas cintas de clasificación por talles, con dúas liñas diferenciadas, unha para a quenlla e outra para o peixe espada.
O Premio á mellor actuación en enerxía recaeu na Universidade de Vigo por implementar diversas iniciativas de enerxía renovable e eficiencia enerxética nos últimos anos. O xurado destacou o compromiso da instalación coa sustentabilidade ambiental a través da instalación de paneis solares, dun sistema de calefacción de distrito (District Heating), a integración da biomasa e a enerxía solar na rede de calefacción de distrito e polo feito de que está a planificar a instalación dun xerador, reforzando aínda máis o seu compromiso coa sustentabilidade e independencia enerxética.
BETA Implants recibirá o Premio Innovación Industrial como empresa biotech máis innovadora polo desenvolvemento de novos implantes e próteses deseñados especificamente para o sector da traumatoloxía, ortopedia e neurocirurxía veterinaria. Unha innovación que converteu a esta firma radicada en Mos (Pontevedra) nunha empresa de referencia no sector da Enxeñería Biomédica a nivel internacional, co I+D+i como parte do seu ADN.
O Premio de Innovación Enerxética foi para UNVI (Unidade de Vehículos Industriais do Grupo Pérez Rumbao) polo seu Vehículo ec24s. Trátase dun minibús 100% eléctrico, conectado, cunha xestión eficiente entre o vehículo e a carga e que é capaz de dar cobertura ás necesidades das cidades, en zonas máis céntricas, zonas vellas con difícil acceso e barrios con plans urbanísticos máis complexos. O xurado valorou que o microbús desenvolvido na factoría de UNVI en San Cibrao das Viñas (Ourense) mostra “unha excelente maniobrabilidade e solvencia en orografías moi complexas grazas ao seu deseño innovador e diferencial: reducidas dimensións (7 metros de longo), ata 289 kWh de capacidade de baterías, 200 kW de potencia e unha capacidade de pasaxeiros superior a outros vehículos da súa categoría (ata 41 persoas)”.
Enor Ascensores foi distinguida co Premio de Seguridade Industrial. O xurado destacou que a seguridade sempre foi primordial para a empresa desde os seus inicios en 1951 e que, coa súa integración en 2013 ao grupo multinacional OTIS, este piar viuse reforzado con rigorosos procedementos e controis de seguridade que levou a Enor a unha evolución excepcional nesta materia e a non ter ningún accidente con baixa nos últimos 5 anos.
O Premio de Seguridade en Industria 4.0 recaeu en Xesol Innovation pola súa solución baseada en redes neuronais aplicadas á Visión Artificial orientada á Industria 4.0, que ten como obxectivo salvar vidas proporcionando seguridade na contorna laboral industrial mediante o uso de sistemas a bordo dos vehículos industriais (Drivox). O sistema incrementa a seguridade dos traballadores evitando colisións e atropelos, grazas ao envío de alertas visuais e sonoras ao condutor por parte do dispositivo e reducindo a velocidade da máquina, se así se desexa. Ademais, tamén proporciona sistemas para infraestruturas destinados a garantir a seguridade da contorna mediante a creación de zonas de interese (Horux TW).
Finalmente, o Concello de Vigo foi galardoado co Premio á Sustentabilidade na Sociedade pola súa xestión sostible e integrada dos residuos municipais de Vigo e a súa valoración dentro do marco europeo de estratexia de economía circular.
Por outra banda, o xurado acordou outorgar unha Mención Especial a UROVESA (Uro Vehículos Especiais SA) pola súa traxectoria na construción de vehículos especiais de gran tonelaxe e capacidade, concretamente todoterreos e camións, para uso militar e/o industrial. Unha empresa cuxas instalacións de produción están situadas en Valga (Pontevedra), pero cuxo departamento de postvenda e asistencia técnica está emprazado en Santiago de Compostela (A Coruña). Con estas instalacións, a súa capacidade produtiva chega a alcanzar os 5.000 vehículos/ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?