Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede CeMIT incorpora novo material accesible e inclusivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede CeMIT incorpora novo material accesible e inclusivo

S. P.
Publicado: 23/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aula_cemit_abegondo.jpgAxentes TIC da Rede de aulas CeMIT e representantes de diferentes asociacións que traballan con persoas con diversidade funcional participaron este xoves 23 de maio na xornada A Rede CeMIT derrubando barreiras cara a inclusión dixital, organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA. O encontro, celebrado no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura (Santiago), tiña como obxectivo “abordar o enfoque necesario para que o acceso á capacitación dixital das persoas con capacidades diversas sexa o máis efectivo e accesible posible desde esta rede de aulas públicas”, que, como lembraremos, está presente en preto dun centenar de concellos da nosa xeografía, actuando de espazos de formación TIC directamente encamiñados a combater a fenda dixital.
Na xornada estaban presentes o director de Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, Miguel Rodríguez, e a secretaria xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias, Patricia Vilán. Durante o encontro, os axentes TIC tiveron a oportunidade de coñecer o material inclusivo rotatorio recentemente adquirido para a Rede CeMIT e que consiste en pantallas táctiles, ratos tipo panca, controladores de queixo, conmutadores de rato, teclados de alto contraste amplificado, teclados adaptados con liña braille, e brazos articulados universais.
Así mesmo, durante a actividade formativa levouse a cabo a doazón de diversos obxectos impresos en 3D á Asociación Sarela, que traballa con persoas con dano cerebral adquirido, e cos que se busca facilitar as tarefas cotiás de persoas con discapacidade tales como agarrar unha culler, atar as cordas dos zapatos ou extraer a pasta do tubo dentífrico.
Premios Axente TIC
Durante o transcurso da xornada tamén se fixo entrega dos Premios Axentes TIC da Rede CeMIT, na que se premiaron iniciativas dentro das categorías Espazo Maker e Maiores Dixitais. Estes premios buscan recoñecer o compromiso e a labor do persoal dinamizador da Rede.
Na categoría de Espazo Maker o primeiro premio foi entregado a Ana María Pérez Martínez, axente TIC da aula de Guitiriz, quedando en segundo lugar Víctor Manuel Galdo Gómez, axente TIC da aula de Cuntis. Así mesmo, dentro da categoría de Maiores Dixitais o gañador do primeiro premio foi José Manuel Rego López, axente TIC da aula de Castrelo de Miño, e o segundo premio recaeu en Laura Fernández Álvarez, axente TIC da aula de Celanova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?