Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición do Aldaba-TIC Camp reivindicará o papel das nenas no ámbito STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición do Aldaba-TIC Camp reivindicará o papel das nenas no ámbito STEM

S. P.
Publicado: 24/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aldaba_ourense_campus_mision_nas_profundidades.jpgA última semana de xuño, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acollerá a segunda edición do Aldaba-TIC Camp, o campus tecnolóxico de verán con perspectiva de xénero posto en marcha pola Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business e destinado a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.
A actividade conta co apoio da Escola Superior de Enxeñaría Informática (que facilita as instalacións, equipos e software que se vai a utilizar) e co patrocinio do Consello Social da Universidade de Vigo, que subvenciona o 50% da matrícula. Desenvolverase do 24 e 28 de xuño en horario de 9.00 a 14.00 h, con servizos opcionais de madrugadores e comedor. As 30 prazas dispoñibles están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2018, ambos incluídos, apaixonados pola tecnoloxía.
O obxectivo deste campamento é “espertar vocacións tecnolóxicas a idades temperás, dar a coñecer o mundo TIC á rapazada e axudar aos nenos e nenas a desenvolver habilidades dunha maneira divertida, en liña cun dos principais retos da cátedra organizadora, que é fomentar as vocacións TIC entre nenas e mozas”.
Así, coma en anteriores edicións resérvase un 80% das prazas para nenas.
As carreiras TIC, e especialmente a Enxeñaría Informática, lembran desde Aldaba WIB, “teñen unha moi baixa presenza feminina que non fai máis que diminuír nos últimos anos”. Isto, detallan, “implica que nos estamos perdendo o talento de todas estas mulleres e que a tecnoloxía do futuro podería estar nesgada ao faltar a visión das mulleres na súa construción”. Neste contexto, sinalan que “moitos estudos determinan que os nenos e nenas teñen un interese similar pola tecnoloxía e as matemáticas ata aproximadamente os 6-8 anos. A partir deste punto, as nenas comezan a perder interese e a sentirse menos capacitadas en matemáticas e tecnoloxía (aínda que os resultados académicos no campo son iguais en nenos e nenas)”.
Nesta segunda edición as e os participantes terán como reto “explorar o fondo do mar”, titulándose o campamento Misión nas Profundidades. Arredor desta temática nenas e nenos empregarán programas de deseño e impresión 3D, robots, domotización, drons submarinos e diversas aplicacións. As actividades realizadas serán impartidas por Play Code Academy e investigadoras da Universidade de Vigo e estarán adaptadas ás idades e coñecementos do alumnado.
Tendo en conta que a Cátedra Aldaba WIB é unha iniciativa conxunta das universidades de Vigo e A Coruña e da empresa Aldaba, este campamento tamén es celebrará na Facultade de Informática da Universidade da Coruña en dúas quendas, a última semana de xuño e a primeira de xullo, contando neste caso co patrocinio do Consello Social da Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?