Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Juan Villoslada (Sumar) visita o CITIC da UDC e reivindica un Erasmus con América Latina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Juan Villoslada (Sumar) visita o CITIC da UDC e reivindica un Erasmus con América Latina

S. P.
Publicado: 24/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sumar_citic_udc.jpgJuan Villoslada, candidato ás eleccións europeas por Sumar Galicia, visitou este venres 24 de maio o Centro de Investigación TIC da UDC, no Campus de Elviña, onde reivindicou a creación dun programa Erasmus entre Europa e Latinoamérica: “As investigadoras e investigadores galegos son os únicos que dominan dous idiomas que conectan ambos continentes, e isto é unha vantaxe comparativa que non se está a aproveitar, e que permitiría dotar á nosa comunidade universitaria dunha proxección única”.
Á súa visita ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da UDC serviu tamén para por enriba da mesa a importancia de dota convenientemente á comunidade investigadora, aumentando ata 2% do PIB o financiamento ás universidades e o 3% do PIB ao I+D, garantindo que a investigación e a innovación tecnolóxica estean no centro do debate político e na vangarda da vida universitaria, e garantindo a necesaria transferencia tecnolóxica ao sector produtivo, tres das importantes liñas de traballo que Sumar Galicia pon sobre a mesa de debate de cara estas vindeiras eleccións europeas, e que Juan Villoslada puña sobre a mesa na súa visita ao CITIC da UDC.
sumar_citic_cit01722.jpg“Este centro é punteiro no sector das TIC, pero para que as universidades galegas poidan acadar todo o seu potencial e garantir a mellor formación á nosa mocidade é preciso investir”, explicaba o candidato, que apuntaba á necesidade de “reindustrializar Galicia cunha perspectiva sostible e competitiva”.
Na súa opinión, “somos unha potencia TIC”, e proxectos e iniciativas concretas como a sede da AESIA na Coruña ou a nosa formación universitaria en Intelixencia Artificial, compartida polas tres universidades galegas, non fan máis que referendalo e subliñalo. O candidato de Sumar Galicia, que visitou as instalacións acompañado do seu director, Manuel González Penedo, ten claro que boa parte do futuro de Galicia en Europa pasa por “lograr afianzar a transmisión de coñecemento e a investigación que as nosas universidades desenvolven cada ano, e que supón unha das nosas maiores riquezas culturais, cun enorme potencial de futuro, tanto económico como de desenvolvemento”.
Ao seu xuízo, o CITIC leva dende 2008 demostrando que a universidade pública en Galicia “é competitiva, punteira e ten os pes ben ancorados na nosa realidade, pero é imprescindible que as nosas políticas en Europa traballen da man da comunidade educativa: formamos a moitas das melloras investigadoras do mundo, pero para que todo o talento desas persoas non escape fora debemos ser capaces de pelexar para que as súas condicións de traballo sexan axeitadas e os seus proxectos teñan futuro dentro dos nosos centros, algo que pasa, necesariamente, por mellor financiamento e máis atención ao día a día do seu traballo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?