Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Rivas avoga por redobrar esforzos para despexar Internet de nesgos de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Rivas avoga por redobrar esforzos para despexar Internet de nesgos de xénero

S. P.
Publicado: 27/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maria_rivas_muncyt_nenas_mozas_violencia.jpgEste sábado 25 de maio celebrouse no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) o III Congreso A saúde das nenas e das mozas organizado pola asociación A Ciencia é Feminino. Participaron, entre outras, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, que manifestou a súa preocupación polo impacto da violencia de xénero sobre as nenas e mozas a través do ámbito dixital. Tamén interveu a directora xeral de Igualdade da Xunta, María Quintiana, que destacou o benestar emocional e a educación en igualdade como eixos claves para impulsar o futuro das nenas e mozas.
Na súa intervención, María Rivas, fixo referencia aos datos do informe sobre A situación da violencia contra as mulleres na adolescencia da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, resaltando que tanto na respostas recollidas en canto á autoestima como nas referentes á saúde física, as mozas de todas as franxas educativas (ESO, Bacharelato e FP) os datos son peores para elas que para eles: “Algo está pasando coa saúde física e psicolóxica das nenas e as mozas, cando parece que elas se perciben dun xeito menos saudable que os seus compañeiros”.
Así indicou que é necesario falar da saúde das nenas e as mozas entendendo os cambios socias aos que estamos asistindo (novas estruturas familiares; maior individualismo e competitividade; Internet, a Intelixencia Artificial e as redes sociais; os desprazamentos da poboación cara núcleos cada vez máis poboados, as migración), pois “están impactando de xeito evidente na súa saúde”.
A subdelegada manifestou a súa preocupación polo impacto da violencia de xénero sobre as nenas e mozas a través do ámbito dixital, indicando que utiliza novos medios pero que sigue os mesmo patróns de sempre, tales como acosar, humillar, controlar, coaccionar… neste ámbito as vulnerabilidades das nenas e mozas vense acrecentadas, “polo que hai que traballar tamén no ámbito dixital, da Intelixencia Artificial e do ciberespazo con perspectiva de xénero, creando as ferramentas que eviten os nesgos de xénero máis que videntes nos contidos dixitais, e favorecendo a protección das menores”.
Tamén puxo o foco nos recursos de atención á nenez e adolescencia, no eido da saúde mental a través da Estratexia de Saúde Mental do Ministerio de Sanidade, así como da prevención e concienciación a través de ferramentas como o Plan Director de Convivencia Escolar, que incide na formación da comunidade educativa en relación co uso de substancias, as adiccións, a violencia machista, o manexo das redes socias e todas as violencias que poden vérselle asociadas (bulling, sexting..).
Finalizou a súa intervención facendo un chamamento a reivindicar ás pioneiras, a esa mulleres que inician a exploración de novos campos, porque “son tempos de conquistar espazos, todos eses espazos que durante décadas estiveron vetados, nos que as mulleres non puidemos materializar os nosos soños”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?