Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña achega formación tecnolóxica para o desenvolvemento online de pequenos negocios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña achega formación tecnolóxica para o desenvolvemento online de pequenos negocios

S. P.
Publicado: 27/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

emprendemento_coruna_traballadoras.jpgO Concello da Coruña porá en marcha, a partir do día 6 de xuño, un programa de apoio ás pequenas empresas da cidade, proporcionándolles oportunidades de formación para comezar a desenvolverse ou mellorar o seu posicionamento no entorno online.
Máis polo miúdo, trátase dunha iniciativa destinada a persoas autónomas, emprendedoras e pequenas empresas, co obxectivo de que “aprendan a mellorar o seu negocio no entorno online e acaden competencias nas áreas do deseño web, as redes sociais desde o punto de vista empresarial, a visibilidade nas redes, o deseño de marca e branding, a publicidade nas canles dixitais, a creación de contidos e a estratexia de negocio”.
O programa de formación está composto por oito obradoiros que se impartirán de maneira presencial no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio e constarán dunha parte de formación teórica, de dúas horas de duración, e dun acompañamento individual, de catro horas.
Pódese obter máis información e realizar a inscrición na web medra.gal.
Os obradoiros e as súas datas de realización son os seguintes:
-Como crear unha páxina web profesional desde cero (6 de xuño, de 19.00 a 21.00 horas).
-Como utilizar as redes sociais para a túa empresa e comezar a vender (13 de xuño, de 19.00 a 21.00 horas).
-Como mellorar a visibilidade online dunha páxina web e por que a maioría delas son invisibles (26 de setembro).
-Como crear a túa primeira campaña publicitaria online (3 de outubro).
-Como aproveitar o posicionamento SEO Local para atopar máis clientes na túa cidade (17 de outubro).
-Como crear unha imaxe de empresa efectiva: deseño e branding (24 de outubro).
-Crea un novo produto e insíreo no mercado” (7 de novembro).
-Como utilizar as ferramentas de Intelixencia Artificial máis coñecidas para mellorar o teu negocio (14 de novembro).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?