Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesorado da UDC achegará ferramentas didácticas para loitar contra o acoso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesorado da UDC achegará ferramentas didácticas para loitar contra o acoso

S. P.
Publicado: 28/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

acoso_escolar_udc_proxecto.jpgO Proxecto Europeo Erasmus+ Bullying a Matter of Self Esteem (BAM) que lidera, en representación da Universidade da Coruña, a profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, María Jesús Movilla Fernández, ten o obxectivo de mobilizar diferentes ferramentas tecnolóxicas para aumentar a concienciación do alumnado de Primaria e de Secundaria ante o acoso escolar. Farao fomentando “pautas de comportamento positivas” ante este tipo de accións intencionais e sostidas no tempo.
Ao longo deste proxecto de innovación docente, o persoal da Universidade da Coruña tamén participará na construción de estratexias de intelixencia emocional, de técnicas de comunicación e de ferramentas didácticas que permitan aumentar as competencias do profesorado de toda Europa no eido da prevención, da detección e da intervención ante o acoso escolar.
A Universidade da Coruña representa a España e é a única institución de ensinanza superior que participa no proxecto. Na listaxe de colaboradores figuran outros centros de ensino primario e de secundaria así como un centro de actividades artísticas e teatrais de Italia, Serbia, Grecia, Turquía e de Alemaña.
Nos próximos meses, o profesorado da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol implicado continuará aportando a súa experiencia profesional no eido da psicoloxía clínica así como nos campos da intelixencia emocional e da comunicación xunto con docentes das Facultades de Ciencias da Educación e de Ciencias da Saúde do Campus da Coruña.
Fontes da UDC explican que “o coñecemento que todos eles teñen no uso de ferramentas participativas como Photovoice ou Bodymap permitiranlles traballar co profesorado de primaria e de secundaria dos países implicados no aumento das súas competencias ante unha situación acoso escolar”.
Nesta iniciativa de innovación docente participa tamén a Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF), adscrita á Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol e dirixida polo profesor Valentín Escudero Carranza. Boa parte das súas achegas virán da man do Programa Afrontemos, unha iniciativa de atención psicolóxica dirixida a toda a comunidade universitaria e ás súas familias nada no ano 2021 como resposta da Universidade da Coruña á crise sanitaria derivada da COVID-19.
Do mesmo xeito, tamén se suma a este proxecto europeo o Centro Universitario de Formación e Innovación Docente (CUFIE) da Universidade da Coruña. Baixo o liderado do seu director, José Antonio García Naya, todo o equipo que integra esta unidade encargarase da elaboración dunha serie de ferramentas didácticas audiovisuais que serán empregadas polo profesorado e alumnado implicado para o seu correspondente testeo.
O proxecto está co-financiado pola Comisión Europea e conta cun orzamento total de 250.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 25.729 euros para aumentar as competencias do profesorado de primeira e de secundaria no campo da intelixencia emocional e da comunicación ante situacións de acoso escolar e máis para elaborar ferramentas didácticas en formato audiovisual que poidan seren usadas con facilidade nas aulas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?