Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase o cartel oficial do filme galego Xustiza artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase o cartel oficial do filme galego Xustiza artificial

S. P.
Publicado: 28/05/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xustiza_artificial_cartel.jpgHoxe presentouse o cartel oficial do filme Xustiza artificial, do director coruñés Simón Casal, protagonizada por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha. Trátase dunha mestura de thriller político e cinema negro situado nun futuro próximo que expón o dilema moral entre mente humana ou a Intelixencia Artificial no eido da administración de xustiza. A súa estrea en cinemas será o 13 de setembro.
Cómpre salientar que a película foi seleccionada polo Festival Internacional de Cinema de Shanghai, e será presentada dentro da sección internacional non competitiva Panorama. O festival de Shanghai é un dos festivais de cinema máis prestixiosos de Asia, que celebra este ano a súa 26 edición e que terá lugar entre os días 14 e 23 de xuño.
Con guión do propio director, coescrito xunto a Víctor Sierra, Xustiza Artificial dá comezo cun referendo constitucional no que a cidadanía ten que decidir sobre a implantación dun sistema de Intelixencia Artificial que substitúa aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país. Un tema polémico que Casal xa abordara en 2002 no documental Artificial Justice, coescrito xunto ao filósofo Miguel Penas, e que serve como base de investigación para esta película.
xustiza_artificial.jpg A rodaxe deste filme tivo lugar na súa maior parte en Galicia, principalmente na Coruña, aínda que tamén se rodou noutras localidades, como Ferrol, Ponteceso, Monfero, Irixoa, Cambre, Laracha e Oleiros, sendo unha das localizacións máis importantes o Parador da Costa da Morte en Muxía.
Xustiza artificial é unha coprodución de Justicia Artificial A.I.E, Gerardo Herrero e Mariela Besuievsky de Tornasol Media, Chelo Loureiro de Abano Producións España en coprodución con Ukbar Filmes (Portugal), coa participación de RTVE, RTVG, Prime Video, e o apoio de ICAA e AGADIC (Xunta de Galicia).
Logo do seu paso por cinemas, a película estrearase en Prime Video e tamén se emitirá en RTVE e RTVG (en galego).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?