Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma galega Tarlogic recibirá o Premio Especial CPEIG na Noite da Informática de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma galega Tarlogic recibirá o Premio Especial CPEIG na Noite da Informática de Galicia

S. P.
Publicado: 29/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tarlogic_andres_tarasco_web.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu entregar o Premio Especial CPEIG da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024 á empresa galega de ciberseguridade Tarlogic, con sede en Montouto (Teo, A Coruña). A distinción entregarase no marco da dita gala, que se celebra o 21 de xuño en Santiago. O colexio destacou que Tarlogic é “unha empresa de referencia en ciberseguridade que presta servizo a gran parte das empresas cotizadas do país e a grandes compañías en Europa, Estados unidos e Oriente Medio”. O premio será recollido polo fundador e director executivo (CEO) da empresa, Andrés Tarascó.
A compañía de seguridade informática foi fundada en 2011 polos irmáns Miguel e Andrés Tarascó nun pequeno local de Teo, municipio da provincia da Coruña. Cunha marcada vocación de boutique, Tarlogic presta desde Galicia servizo a gran parte das empresas cotizadas do país, así como a grandes empresas en Europa, Estados unidos e Oriente Medio, axudando a estas empresas a protexer as súas infraestruturas de ciberataques e facelas máis resilientes.
Tarlogic dispón de oficinas en Santiago de Compostela e Madrid. O que naceu sendo unha empresa centrada en hacking, foi medrando ata contar actualmente cun equipo de máis de 130 persoas especializadas en ciberintelixencia, ciberseguridade ofensiva e defensiva, e contribuíu a formar a un gran número de profesionais de ciberseguridade en toda España.
Entre os fitos de Tarlogic destaca ter sido recoñecida durante máis de 3 anos como unha das empresas de maior crecemento en Europa ou polos seus traballos de investigación e divulgación, con publicacións sobre seguridade en contadores eléctricos ou interceptación de comunicacións Bluetooth.
O CPEIG engade que Tarlogic continúa na actualidade coas súas investigacións para protexer a tecnoloxía Bluetooth e evitar, por exemplo, a espionaxe e a interceptación das chamadas de teléfono.
O fundador e CEO da compañía, Andrés Tarascó, recollerá o galardón na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?