Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Praza de Abastos de Ourense renova imaxe coa axencia Toxo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Praza de Abastos de Ourense renova imaxe coa axencia Toxo

S. P.
Publicado: 29/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

David Dopazo, fundador da axencia ourensá Toxo
David Dopazo, fundador da axencia ourensá Toxo
A Praza de Abastos de Ourense vén de renovar a súa imaxe cun novo logo, unha nova web e unha estratexia de comunicación que conforman a nova identidade de marca dende este mes de maio que xa chega ao seu fin. Detrás desta renovación atopamos a Toxo Comms Agency, a axencia ourensá especializada en estratexias de comunicación.
Indo aos cambios, dicir que o novo logo, de corte minimalista, reforma e retira elementos do actual símbolo da Praza, sen deixar de reflectir a esencia histórica do lugar, ao mesmo tempo que proxecta
unha ollada cara o futuro. Inspirado no icónico edificio proxectado por Manuel Conde Fidalgo, actualmente en renovación, este novo emblema promete ser moi recoñecible para a cidadanía.
David Dopazo, fundador de Toxo, quixo amosar a súa satisfacción por esta colaboración: “É unha honra traballar con marcas con tanta historia e adicadas a ofrecer produtos de tan alta calidade, xa que a alta calidade é un distintivo da provincia”. Asemade, quixo salientar o compromiso da Praza coa innovación en materia de comunicación.
a_praza_de_abastos_de_ourense_toxo.jpgTradición e modernidade foi a premisa escollida por Toxo, para construír a comunicación da, case centenaria, Praza de Abastos. Unha premisa que dá título a un novo manual de identidade corporativa enfocado na calidade e exclusividade das súas materias primas e que se asenta sobre a historia da capital ourensá.
Alén do logo, introdúcese unha liña gráfica elegante que aplica cambios a nivel tipográfico, iconográfico e cromático. Exemplo diso son o Azul OU e o Vermello OU, dúas das cores que compoñen a nova gama e que ligan á Praza coas tonalidades da cidade e a provincia.
Os cambios van acompañados dunha estratexia de comunicación en redes sociais, enfocada no consumo sustentable e na alta calidade dos produtos autóctonos e de Km 0 que achega a Praza.
Engadir que a Praza de Abastos de Ourense conta xa cunha nova web que pon a disposición do público os contactos de todos os postos que acolle e a súa axenda de actividades e un blog que recolle receitas galegas, que se poden preparar con ingredientes frescos mercados na Praza, e indica en que postos adquirilos.


Vídeo no que dan conta do cambio de imaxe da Praza de Abastos de Ourense

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?