Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre a sexta edición do congreso de mercadotecnia Flúor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre a sexta edición do congreso de mercadotecnia Flúor

S. P.
Publicado: 30/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240530_rafa_dominguez_congreso_fluor.jpgO congreso de mercadotecnia innovadora Flúor arrincou este xoves 30 de maio, en Pontevedra, a súa sexta edición. Ao longo de dúas xornadas a sede de Afundación na cidade do Lérez congregará a algunhas das voces máis relevantes do sector da publicidade e a creatividade. Ademais, será o punto de encontro da industria galega, con conferencias, obradoiros ou espazos de networking.
A Agrupación Industrial de Comunicación de Galicia, que agrupa a 233 empresas e axencias, organiza este evento co obxectivo de “situar a Pontevedra como un enclave referente á hora de falar das últimas tendencias na industria e reivindicar a importancia do sector da comunicación, o marketing e a publicidade en Galicia”.
O evento está patrocinado polo Concello de Pontevedra. Conta co apoio da Xunta, Abanca, Recados Carmen e Raiola Networks e a colaboración de Deputación de Pontevedra, Avante Medios, Ofiprecios, Sutag e Mardy Bum.
Na inauguración participou (entre outras personalidades) Luís Bassat, unha das voces referentes no mundo da publicidade, fundador de Bassat Ogilvy, recoñecido con máis de 400 premios. Bassat achegou a primeira hora deste xoves un relatorio no que trasladou ao público as súas reflexións e experiencia sobre a creatividade.
20240530_conselleiro_emprego_congreso_fluor.jpg Tamén interviñeron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, e máis o conselleiro de Emprego, José González, que definiu a cita como “unha plataforma continua de emprendemento, de intercambio de ideas e de construción de redes para reciclarse e innovar no mercado do mercadotecnia e da comunicación”. Sinalou tamén que Galicia ten “todas as condicións para seguir atraendo talento e emprendemento e loita por fortalecer o territorio pola vía da innovación e a dixitalización”.
Polo congreso tamén pasarán o fundador e director executivo (CEO) de Vazva e WE Sustainability, para falar de marcas con propósito e activistas; Toni Segarra, publicista e creativo cuxos slogans transcenderon á cultura popular (Benvido á república independente da miña casa ou Gústache conducir); ou Andy Stalman, destacado conferenciante e un dos referentes mundiais en branding, que falará do impacto da Intelixencia Artificial no sector.
Ademais, estarán presentes máis de 15 relatores de empresas punteiras como FNAC, Jägermeister, Hoteles NH Collection, Finetwork, Pilgrim e Adidas. Nas intervencións falarase das novas oportunidades para negocios dixitais, estratexia de marca ou deseño desde un punto de vista vangardista, reflexionando sobre as últimas tendencias e o futuro do sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?