Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sandra Penelas gaña o Premio de Xornalismo Científico da RAGC por un traballo sobre impresión 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sandra Penelas gaña o Premio de Xornalismo Científico da RAGC por un traballo sobre impresión 3D

S. P.
Publicado: 03/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Sandra Penelas nunha imaxe de Marta G. Brea
Sandra Penelas nunha imaxe de Marta G. Brea
A novena edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2024 xa ten galardoadas. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), organizan este premio que está encamiñado a Está destinado a recoñecer unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal). O premio entregarase nun acto que se celebrará o vindeiro 19 de xuño, ás 19 horas, no Pazo de San Roque de Santiago.
Indo á premiadas, dicir que o xurado acordou conceder o premio á reportaxe La UVigo ensaya cómo reducir la corrosión mediante la impresión 3D de hormigón, da xornalista Sandra Penelas Padrón, publicada o 8 de outubro de 2023 no diario Faro de Vigo. Afonda nun proxecto nacional liderado por enxeñeiras da Universidade de Vigo que avalía de xeito pioneiro os beneficios da impresión 3D de formigón. Salienta que estes cementos condutores protexerán as estruturas porque pesan menos e reducirán os custos e o impacto ambiental do sector da construción. Desde a Academia remarcan ademais “a contribución desta peza á visibilización do papel da muller na ciencia, dado que as investigadoras principais son todas mulleres, especialmente nun eido onde a porcentaxe feminina é inferior á masculina, como é a enxeñaría”. A galardoada recibirá unha dotación de 5.000 euros. Sandra Penelas (Verín, 1977) é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e traballa no Faro de Vigo desde 1999.
Elisabet Fernández
Elisabet Fernández
A outra premiada é Elisabet Fernández González, á quen se lle outorgou un accésit á segunda peza mellor valorada, a reportaxe titulada: La élite alimentaria capta 2,5 millones en un año desde Ourense, publicada no xornal La Región o 29 de novembro de 2023. É un percorrido polo traballo dos grupos de investigación do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación do Campus de Ourense, unha agrupación estratéxica que amorea a un centenar de científicos do ámbito agroalimentario. Desenvolven proxectos moi vencellados ao territorio, detectando fraudes no queixo, mellorando o viño, revalorizando a pel da pataca… ata a elaboración de pan para celíacos con fariña galega.
Valorouse que se trata dun “amplo traballo xornalístico sobre a investigación no eido alimentario nun dos campus galegos, no que entrevista a investigadores de distintos grupos de investigación e de distintas xeracións e pon sobre a mesa cuestións relevantes para o ecosistema galego de I+D+i como o retorno de talento a Galicia e o fomento das vocacións femininas na ciencia”. Asemade, o xurado salientou a inclusión dun código QR que remite a unha reportaxe audiovisual da visita da xornalista aos laboratorios, “un recurso que contribúe a chegar mellor á sociedade”. Elisabet Fernández (Ourense, 1992) graduouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago en 2016. Ese mesmo ano entrou a formar parte da redacción do diario La Región. Recentemente integrouse no equipo da edición ourensá de Faro de Vigo.
Sinalar que o xurado desta edición estivo composto polo académico da RAGC Pedro Merino (presidente); a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; Luís Manuel Villamor, doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago; a directora da Área de Centros de GAIN, María José Mariño e a técnica da Área de Programas de GAIN, Silvia López.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?