Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abel Losada anuncia 6,6 millóns para a cobertura móbil 5G do rural de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abel Losada anuncia 6,6 millóns para a cobertura móbil 5G do rural de Pontevedra

S. P.
Publicado: 04/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

5g_rural.jpgO subdelegado do Goberno Abel Losada anunciou esta semana un investimento de 6,6 millóns de euros para ampliar a cobertura móbil 5G aos pequenos concellos da provincia en Pontevedra, máis polo miúdo nos de menos de 10.000 habitantes. Fíxoo tras coñecer a resolución provisional destas axudas, enmarcadas no programa ÚNICO Redes Activas do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
Esta liña de axudas mobiliza 508 millóns de euros en todo o país para levar a infraestrutura necesaria que dote de cobertura 5G a máis de 1,8 millóns de habitantes de municipios pequenos, ademais de equipar con esta tecnoloxía 30.000 quilómetros da rede de estradas.
“No caso de Pontevedra, vai permitir levar a 5G por 80 vilas e aldeas que na actualidade non dispoñen de cobertura móbil 4G de polo menos 50 Mbps e non estaba previsto que esta chegase nos vindeiros tres anos, xa que non son áreas economicamente rendibles para a iniciativa privada”, dixo o subdelegado do Goberno en Pontevedra, engadindo que “en total, darase cobertura 5G a 23.000 habitantes e a máis de 407 quilómetros de estradas”.
Abel Losada destacou “o esforzo do Gobierno por liderar a modernización tecnolóxica das comunicacións” e lembrou que “España lidera a despregadura de fibra óptica en Europa”, co obxectivo de garantir que ao final de 2025 todo o territorio nacional conte con conexión a Internet de alta velocidade, ben por fibra ou por satélite, e que será tamén nesa data cando a cobertura 5G será accesible para toda a poboación. “É un esforzo sen precedentes que fai falta poñer en valor, porque ás veces escóitanse máis as queixas dos poucos sitios que van quedando sen estes servizos, algúns dos cales van ter que ser cubertos vía satélite, que as voces das amplas zonas do territorio que xa teñen fibra”.
As actuacións para o avance da 5G, financiadas con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobierno, foron adxudicadas na provincia ás empresas Orange e Telefónica.
Losada engadiu que “esta convocatoria é o maior investimento da historia lanzada en España para despregar tecnoloxía; trátase de programa é pioneiro en Europa ao destinar fondos europeos a financiar equipamentos activos que amplíen a despregadura territorial da 5G con funcionalidade plena en municipios pequenos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?