Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría Xeral de Lingua dá continuidade e amplifica a actividade de neofalantes.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría Xeral de Lingua dá continuidade e amplifica a actividade de neofalantes.gal

S. P.
Publicado: 04/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_garcia_240604__lingua_x-1.jpgA Secretaría Xeral de Lingua anunciou novas medidas para conectar directamente coa xente nova e contribuír á conservación do galego de cara ás xeracións vindeiras. Estas medidas, fortemente apoiadas no plano dixital (a través, por exemplo, dun fortalecemento de www.neofalantes.gal), foron debulladas este 4 de xuño polo principal responsable da secretaría, Valentín García, quen explicou que se trata de tirar proveito das potencialidades que ten o neofalantismo.
Fíxoo en resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia na que concretou que se fará a través dun convenio coa Universidade de Santiago dotado con 80.000€ que recolle unha serie de actuacións ao longo de tres anos.
A estratexia a seguir, confirmou, pasa por “analizar o neofalantismo, un proceso no que as persoas que tiveron o castelán ou outro idioma como primeira lingua acaban incorporando o uso do galego”. Trátase, engadiu, dun proceso “relativamente emerxente con innegables posibilidades de futuro na dinamización da nosa lingua”, sobre todo entre a mocidade tanto da nosa comunidade como entre as persoas que veñen doutros territorios de fóra de Galicia e que se incorporan á nosa realidade cultural e sociolingüista.
valentin_240604__lingua_x-2.jpgO secretario xeral da Lingua precisou que a colaboración neste eido coa a Universidade de Santiago de Compostela comezou en 2021 a través do Grupo de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación co recurso web www.neofalantes.gal, un portal de noticias que serve de nexo de unión da comunidade neofalante en galego.
Valentín García dixo que este espazo conta con varias seccións e que agora, con este novo convenio, daráselle continuidade incorporando novos usuarios e impulsando o uso da lingua galega entre a mocidade. “Deste xeito”, avanzou, “potenciarase unha activa presenza en redes sociais ao tempo que se pon en marcha unha nova ferramenta interactiva que sirva de canle de contacto entre distintos sectores e distintos países, especialmente no mundo lusófono”.
A colaboración tamén abrangue os obxectivo do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que ten en marcha o Goberno galego e co que se pretende mostrarlle á xente nova a utilidade de coñecer a nosa lingua e potenciar así o seu uso neste colectivo. “Deste xeito, impulsaranse medidas dirixidas a incrementar a súa presenza nos espazos nos que se move a mocidade, así como a oferta de actividades e produtos en galego en áreas como a tecnoloxía, o lecer, a cultura, o ensino ou o emprego”, sinalou, ao tempo que lembrou que este plan está concibido como un instrumento para a dinamización da lingua galega, no que se procura implicar a comunidade universitaria, o que supón a posta en marcha de medidas dinamizadoras dirixidas ao profesorado, ao alumnado, ao persoal de administración e servizos e á mocidade en xeral, co fin de conseguir normalizar a presenza da lingua galega na universidade e noutros ámbitos da mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?