Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Besteiro e González Casares enxalzan a innovación tecnolóxica de Delta Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Besteiro e González Casares enxalzan a innovación tecnolóxica de Delta Vigo

S. P.
Publicado: 06/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

delta_003_53773287833_o.jpgO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o candidato socialista a renovar o seu escano no Europarlamento, Nicolás González Casares, visitaron este xoves 6 de xuño a sede da empresa Delta Vigo, que recibiu 4,5 millóns de euros do PERTE de Aeronáutica impulsado polos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o que equivale ao 59 % dos fondos destinados a proxectos estratéxicos dese sector en Galicia. Besteiro e Casares destacaron a importancia destas axudas europeas para o desenvolvemento tecnolóxico e sostible do sector aeroespacial en Galicia.
Nicolás González Casares salientou o papel fundamental de Delta Vigo no sector “porque demostra que estamos a apostar por unha transición ecolóxica tamén no sector aeronáutico, xa que, entre outros proxectos, a empresa está a facer pezas para avións para que estes consuman menos enerxía”. Casares destacou a importancia desta empresa “clave e tractora para o sector aeronáutico galego” e o modelo de crecemento no que se sustenta, sen esquecer as súas raíces galegas.
José Ramón Gómez Besteiro, pola súa banda, destacou o feito de que os fondos europeos permitan “que unha empresa galega impulse a innovación tecnolóxica e sostible do sector aeroespacial”, e salientou “como as axudas comunitarias impulsadas polo Goberno ao crecemento intelixente e á cohesión social e territorial”. En Delta, sinalou, “súmase todo iso”.
visita-a-delta-vigo-en-nigrn-06062024_53773086976_o.jpgBesteiro, que tivo a oportunidade de coñecer todos os proxectos do grupo vigués que contan con fondos europeos, dixo: “Esta empresa, de 75 anos de historia, é un exemplo do que buscamos. Rexeitamos esa Europa triste, negra, unha Europa de división que nos faría retroceder décadas a apostamos polo crecemento sustentable e verde”.
Delta Vigo, unha empresa familiar que evolucionou desde un pequeno taller en Vigo que atendía a estaleiros e conserveiras ata converterse nun líder en innovación tecnolóxica no sector aeroespacial, foi beneficiaria de varios proxectos subvencionados con fondos europeos. Entre eles:
-Proxecto ECOMAP: Este proxecto investiga unha tecnoloxía disruptiva para a fabricación de materiais compostos, como a fibra de carbono, co obxectivo de facilitar o deseño e a fabricación de aeroestructuras complexas e integradas para avións comerciais, aumentando a eficiencia e a capacidade de produción. O proxecto está subvencionado polo CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2021-2023.
-Proxecto CUVICO: Enfocado en desenvolver compoñentes avanzados de fuselaxe utilizando materiais compostos, este proxecto busca optimizar o deseño e a fabricación de estruturas de fuselaxe para avións comerciais, contribuíndo ao desenvolvemento de aeronaves con cero emisións. Está financiado polo CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e do Programa Estatal de Liderazgo Empresarial en I+D+i.
-Proxecto PEGASO: Este proxecto céntrase en innovar dentro do sector aeroespacial, mellorando as capacidades tecnolóxicas e produtivas de Delta Group Spain, promovendo avances significativos en manufactura e tecnoloxía aeroespacial para posicionar a España como líder neste ámbito.
-Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): Delta Vigo Aeroestructuras foi beneficiaria do Fondo FEDER, que apoia diversas iniciativas de innovación e desenvolvemento dentro da empresa, mellorando a infraestrutura tecnolóxica e as capacidades produtivas para fomentar o crecemento e a competitividade no sector.
“A participación de Delta Vigo nestes proxectos subliña a súa capacidade para liderar a innovación na industria aeroespacial e de manufactura, contribuíndo ao desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas e sostibles”, subliñaron.
Na visita á empresa, Gómez Besteiro e González Casares, que estiveron acompañados polo alcalde de Nigrán, Juan Antonio González, e a deputada autonómica Elena Espinosa, percorreron as instalacións xunto ao seu presidente, Francisco Puga González.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?