Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo do Videoxogo en Cangas amplíase cun Salón Arcade e amosa ao público a súa Área de Preservación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O Museo do Videoxogo en Cangas amplíase cun Salón Arcade e amosa ao público a súa Área de Preservación

S. P.
Publicado: 13/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muvi_salon_arcade_museo_2.jpgA Fundación Museo do Videoxogo de Galicia, localizada en Cangas e centrada especificamente (de maneira pioneira en España, dende o 2 de marzo de 2020) en amosar a historia do videoxogo dende o Museo do Videoxogo (MUVI), trae este mes de xuño importantes novidades: unha renovación da súa oferta abrindo dous novos espazos visitables. Trátase, por unha banda, dun salón de máquinas recreativas ambientado nos anos 90 (cun total de 16 sistemas deste tipo) e, pola outra, dunha Área de Preservación, na que se atopa o obradoiro de reparación, recuperación e conservación de dispositivos, dando visibilidade ao continuo traballo da entidade en manter os seus fondos en perfecto estado de funcionamento.
Segundo o presidente da Fundación, Galo Martínez, “o Salón Arcade Davila dialoga e complementa a nosa Habitación da Memoria, abordando de xeito tácito e interactivo os cambios profundos que viviu a sociedade durante esa década en relación co universo do Videoxogo. Este espazo pon a disposición do público sistemas característicos dunha época crítica na historia do medio, remarcando unha tipoloxía -as máquinas arcade- que anteriormente só estaba representada de xeito anecdótico no MUVI.”
muvi_arcade_salon.jpgOpina Jacobo Martínez, Director do MUVI, sobre as decisións de relacionar a Área de Preservación coas demais áreas do Museo: “Detrás de cada sistema en funcionamento hai incontables horas de traballo do equipo do MUVI, enxeñeiros e técnicos que loitan contra o paso do tempo e o desgaste, dun xeito particularmente arduo no caso das máquinas recreativas. O videoxogo é un medio interactivo e esa interacción faino único e diferente do resto de industrias culturais. Para poder gozalo e entendelo hai que xogar, por iso o MUVI debe permitir que cada peza poida experimentarse dun xeito profundo. Isto conleva contradicións coa súa conservación, mais é un reto que se debe superar mediante a preservación activa. De aí a nosa determinación por amosar “a parte de atrás” do Museo, indivisible do resto dos espazos.”
muvi_televisions.jpg O Museo é unha creación da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia que nace grazas ao apoio social, avalado polo Concello de Cangas e polo patrocinio de empresas e asociacións galegas: Concello de Cangas e Balidea (Protectores do MUVI), Lares, Iseltec, Aitire, imaxin|software e PuntoGal (Patrocinador do espazo O videoxogo Galego), Asociación Videoxogo.gal (Colaborador no espazo O videoxogo Galego), Asociación Informática Solidaria, Vai@bit e Kabuki flux.
Engadir que a Fundación está a ter unha forte presenza en Galicia grazas a colaboracións con entidades públicas e privadas do eido da administración, da Universidade e da cultura, como o Salón do Libro do Concello de Pontevedra, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo ou a Universidade de Santiago de Compostela. Tamén está a colaborar coa industria do videoxogo galega como consultora na creación de videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?