Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames organiza catro novos cursos de formación para os meses de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames organiza catro novos cursos de formación para os meses de verán

S. P.
Publicado: 13/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_aula_cemit_2.jpgA Aula CeMIT do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa en 2024 con catro cursos dirixidos á rapazada. Os contidos céntranse na iniciación á mecanografía ou na edición de imaxes, entre outros. Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT. A inscrición pode facerse a través dunha ligazón específica habilitada dende a Aula.
Cursos para rapaces
A primeira das formacións ofertadas pola aula CeMIT para a rapazada é Informática lúdica, que se impartirá os martes de 10:30 a 12:00 horas desde o 25 de xuño ata o 23 de xullo. Neste curso, dirixido a nenos e nenas entre 6 e 8 anos, os pequenos da casa aprenderán a manexarse coa computadora e os seus programas mediante xogos e actividades divertidas, para acostumarse ó uso do rato e o teclado, e entender o funcionamento básico da computadora.
Entre o 26 de xuño e o 24 de xullo haberá outra formación: Scratch en verán. Dende a Aula lembran que Scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pé a que se adentren na robótica educativa. Diríxese á rapazada de entre 8 e 12 anos, e desenvolverase os mércores de 10:00 a 12:00 horas.
Para os adolescentes de 12 a 16 anos haberá un curso de Edición de imaxes, que se impartirá do 27 de xuño ao 18 de xullo; os xoves, de 10:00 a 12:00 horas. Nel a rapazada aprenderá manexarse coa interface do programa GIMP, comprenderán os conceptos básicos na imaxe dixital e as ferramentas máis valiosas de este tipo de programas. Ademais, tamén recibirán unhas nocións básicas do deseño vectorial con Inkscape.
Doutra banda, haberá unha formación de Introdución á mecanografía. O curso impartirase para dous grupos: un será para rapaces de entre 7 e 10 anos; e o segundo para os de entre 10 e 14 anos. Nel empregarase unha plataforma online coa que o alumnado poderá continuar practicando en calquera momento dende a súa casa. O curso desenvolverase entre o 1 e o 29 de xullo. Para os cativos/as de entre 7 e 10 anos terá lugar os luns de 10:00 a 11:00 horas; mentres que para os de entre 11 e 14 anos impartirase os xoves de 11:00 a 12:00 horas.
Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?