Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e o CPEIG humanizan as estadías da rapazada hospitalizada con obradoiros de robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e o CPEIG humanizan as estadías da rapazada hospitalizada con obradoiros de robótica

S. P.
Publicado: 25/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_20240625_convenio_robotica_hospitalizacion_infantil_3.jpgO conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asinaron este 25 de xuño un convenio de colaboración para a posta en marcha de obradoiros de robótica e programación destinados a nenas e nenos hospitalizados.
En total desenvolveranse 14 obradoiros, dous por cada área sanitaria, nos que están previstas actividades como transformar froitas e utensilios de cociña en mandos de xogos de ordenador; ou probar robots con forma de coche ou mascota que mudan o seu comportamento en función do son ambiental, da luz ou da distancia a outros obxectos grazas a sensores integrados.
Como sinalou o conselleiro de Sanidade “este convenio asínase coa vontade de que estas actividades sexan unha distracción positiva para os cativos ingresados, contribuíndo así á súa recuperación emocional e mental”.
Pola súa banda Fernando Suárez indicou que os obradoiros “permitirán utilizar elementos non tecnolóxicos para coñecer as leis da física e da informática, como é a condutividade, por exemplo, usando froitas e verduras para facer música grazas a pequenos microchips”.
cpeig_20240625_convenio_robotica_hospitalizacion_infantil_1.jpgCon estas actividades interactivas e prácticas, engadiron, “proporcionarase unha distracción positiva da situación médica de cada paciente, contribuíndo a facer o ingreso hospitalario máis levadío, xa que a hospitalización é unha fonte de estrés para os rapaces e para as súas familias”.
Tamén fixeron saber que estes obradoiros “están pensados para ser desenvolvidos en grupo e favorecer a interacción social”, aínda que tamén están previstas sesións virtuais no caso de pacientes que non poidan participar fisicamente nos xogos.
As actividades serán impartidoa por empresas galegas do ámbito tecnolóxico a través dos seus plans de responsabilidade social corporativa e, para poder levalos a cabo, o Servizo Galego de Saúde destinará 11.500 euros á adquisición do material necesario.
Ao acto de sinatura do convenio tamén asistiron, como centro directivo promotor da iniciativa, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, e o subdirector xeral de Sistema e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?