Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC, presente nos proxectos apoiados polo programa Fábrica Intelixente e Sustentable de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC, presente nos proxectos apoiados polo programa Fábrica Intelixente e Sustentable de GAIN

S. P.
Publicado: 25/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240625_225257.jpgHoxe celebrouse a xornada de presentación dos proxectos beneficiarios da última edición do programa Fábrica Intelixente e Sustentable, programa da Axencia Galega de Innovación (GAIN) que mobiliza axudas para a industria transformadora e transformada, respectuosa co medio ambiente, rendible e apoiada nas máis avanzadas tecnoloxías intelixentes e automatizadas. Na cita participaron a directora da axencia Carmen Cotelo e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, quen dixo a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación “son os puntais que deben guiar aos sectores produtivos, na medida en que permitirán mellorar a produtividade e optimizar os recursos”.
Tamén lembrou que tecnoloxías como a Industria 4.0 como a Intelixencia Artificial, a fabricación aditiva ou a cadea de bloques (blockchain) son “unha oportunidade única para aumentar o valor engadido e crear unha vantaxe competitiva sobre os demais”.
Rodríguez convidou ao tecido empresarial galego a “seguir modernizándose a través da I+D+i e da adopción de tecnoloxías punteiras para consolidar a Galicia como unha potencia en I+D+i nos principais sectores da nosa economía”
A presentación celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia na compaña dos responsables dos nove proxectos apoiados na última edición desta convocatoria. Rodríguez subliñou que os nove proxectos apoiados a través de Fábrica Intelixente 2023 forman parte de sectores clave da nosa economía como a automoción, a madeira, as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) ou a alimentación e que están liderados por empresas referentes nos seus respectivos eidos. Ademais, apuntou que “máis da metade destas iniciativas apóianse nos principais centros de investigación e centros tecnolóxicos de Galicia”, o que “recalca a importancia de fortalecer ese vínculo entre ambos axentes que se vai seguir fomentando dende o seu departamento”.
Na xornada presentáronse os proxectos Plástic Tu Oil (Plastic2Oil), liderado por Tecnología y Reciclaje de Materiales (Tyrma) para a obtención de residuos cero en reciclaxe de plásticos e, o proxecto Fisterra, promovido por Norvento xunto á Universidade de Vigo e ao CTAG, que ofrece unha solución para embarcacións que permitirá ás autoridades portuarias dispor dun subministro eléctrico descarbonizado e adaptado ao seu tráfico marítimo. Finalmente, tamén se celebrou unha sesión formativa de xustificación da axuda dirixida aos beneficiarios.
En total, a través das cinco edicións deste programa, apoiáronse un total de 33 proxectos, cunha axuda de 100 M€ e un investimento mobilizado que supera os 327 M€. As axudas desta convocatoria están co-financiadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?