Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha alumna do Campus Ferrol gaña o 3º premio do Reto Enseña 2.0 de Oracle España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha alumna do Campus Ferrol gaña o 3º premio do Reto Enseña 2.0 de Oracle España

S. P.
Publicado: 26/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campus_industrial_de_ferrol_gana_o_terceiro_premio_do_hackathon_reto_ensena_2.0_oracle.jpgA alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Miriam Eimil Chao (As Pontes, 1999), vén de acadar o terceiro premio no segundo hackathon Reto Enseña 2.0 que organiza a firma tecnolóxica Oracle España en colaboración con Nuwe e no que participaron máis de 230 estudantes de máis de 40 universidades de todo o mundo. Esta alumna do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática participou de xeito individual neste reto baixo o nome de Purple Sector Team e en representación da Universidade da Coruña.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, acompañaron á alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no acto de entrega de premios que tivo lugar, este martes 25 de xuño, na sede central da empresa en Madrid.
O equipo Cachopo Team da Universidad Europea de Madrid (UE) acadou o primeiro galardón e The Nanos Team da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), o segundo.
O alumnado que integra o equipo gañador recibiu unha tarxeta regalo por valor de 1.000 euros e varias sesións de mentoring con persoal experto de Oracle España. O segundo clasificado recibiu unha tarxeta regalo por valor de 600 euros e o terceiro, neste caso a estudante da Universidade da Coruña (UDC) Miriam Eimil Chao, outra pero por un importe de 400 euros.
Ao longo da xornada, tanto o profesorado coma o alumnado das tres universidades galardoadas neste segundo Reto Enseña 2.0 participaron nun networking con persoal experto de Oracle España e probaron o simulador de Fórmula 1 Oracle Redbull.
Predicindo os resultados da próximas carreiras de Fórmula 1
Entre os meses de maio e xuño, a alumna do Campus Industrial de Ferrol, Miriam Eimil Chao, ao igual que o resto de estudantes universitarios participantes no 2º Reto Enseña 2.0, tivo que afondar no mundo da Fórmula 1 botando man da Ciencia de Datos, da Aprendizaxe Automática e da Intelixencia Artificial (IA) para intentar predicir cal ía ser a mellor carreira do ano.
Durante todo o proceso, a estudante da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), analizou con detalle, a través Oracle Analytics Cloud, aqueles aspectos que converten unha carreira de Fórmula 1 nun evento inesquecible como poden sen os audaces adiantamentos, os estratéxicos pit-stops ou mesmo o clima.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?