Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ferramenta EMi xa está plenamente operativa das 54 Oficinas de Emprego de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ferramenta EMi xa está plenamente operativa das 54 Oficinas de Emprego de Galicia

S. P.
Publicado: 26/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20240626_conselleiro_rp_emi_c_6.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, debullou este 26 de xuño algúns dos principais detalles da iniciativa autonómica para a modernización tecnolóxica do Servizo Público de Emprego de Galicia co apoio da Intelixencia Artificial, a través de ferramentas como EMi, co fin de cubrir as vacantes laborais existentes en Galicia (“unha das principais preocupacións do tecido empresarial galego”, dixo) e de favorecer a ocupación das persoas que estean buscando activamente emprego. González estivo acompañado polo directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e polo subdirector xeral do Servizo Público de Emprego de Galicia, Santiago Boquete.
Segundo dixo, este software está dispoñible a día de hoxe nas 54 Oficinas de Emprego de Galicia, “facilitando a conexión da oferta e demanda en tempo real mediante recomendacións baseadas na Intelixencia Artificial”. E engadiu: “Trátase dunha ferramenta pioneira en España e en Europa que ten como principal función o perfilado competencial co fin de localizar o mellor talento e as persoas que recorran a el poidan consolidar a súa traxectoria profesional”.
José González lembrou que a semana pasada na reunión que mantivo en Bruxelas con representantes da Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da Unión Europea se recoñeceu a EMi como unha ferramenta diferencial e aliñada coas políticas que se están a preparar para implantar nas diferentes rexións europeas.
20240624_conselleiro_rp_emi.jpg“Con EMi”, afondou o conselleiro, “o Goberno galego busca seguir avanzando na detección de competencias para facilitar aos orientadores laborais a toma de decisións de cara a aumentar a empregabilidade das galegas e galegos e así mellorar as súas oportunidades para atopar un traballo estable e de calidade”.
Ao mesmo tempo, engadiu José González, “é necesario flexibilizar a formación a través de píldoras formativas de máis curto prazo coas que dar os coñecementos necesarios aos traballadores para cubrir un posto de traballo, é dicir, as competencias que están demandando as empresas; deste xeito, trátase de atender as súas necesidades en relación coa cobertura de man de obra en distintos sectores e facilitarlles solucións adaptadas ás súas realidades”.
As persoas ás que vai destinado o perfilado competencial que realiza EMi son demandantes de emprego con máis de 30 días de desemprego e que non teñan un perfilado realizado nos últimos 2 anos. Tamén as que participan no programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, que no seu primeiro ano de funcionamento facilitou a contratación de máis de 3.700 galegas e galegos.
“Estas persoas”, explicou o titular de Emprego, “reciben unha cita de orientación para realizar a diagnose previa da súa situación de partida que require o perfilado competencial, na que se ten en conta habilidades, competencias, formación e experiencia profesional, idade ou ámbito territorial”. Desta cuestión faise seguimento a través do programa de seguimento da demanda de emprego. Neste sentido, José González advertiu da importancia de que nas listas estean aqueles que realmente están demandando activamente emprego.
Ademais, lembrou que “co programa de perfilado competencial, aprobado hai uns días polo Consello da Xunta, refórzase ese labor que realiza EMi ao incorporarlle datos de calidade que permiten facer unha tradución directa de ocupacións do código nacional CNO a competencias da clasificación europea ESCO”.
Segundo lembrou José González a previsión é que se poidan beneficiar do perfilado competencial máis de 70.000 persoas no período dun ano. Este perfilado será realizado polos máis de 400 orientadores do Servizo Público de Emprego de Galicia, entre os que se atopan os 136 cos que a Xunta reforzou este servizo no 2023 e os que financia nas entidades locais e sen ánimo de lucro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?