Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio Ambiente lanza un concurso para apoiar a dixitalización das redes de abastecemento nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio Ambiente lanza un concurso para apoiar a dixitalización das redes de abastecemento nos concellos

S. P.
Publicado: 26/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

240626_avm_pobra_do_caraminal_2.jpgA Consellería de Medio Ambiente lanzou este mércores 26 de xuño un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade. Os detalles da iniciativa foron dados a coñecer a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal.
Alí explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou este mércores 26 unha resolución de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a selección dos concellos interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento. “Este procedemento”, detallou, “é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia e supón ofrecer aos gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas que xa está implantado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo galego, como é a da Pobra do Caramiñal; deste xeito, os concellos disporán de ferramentas coas que xestionar en tempo real e en remoto os sistemas de abastecemento en alta da súa titularidade”.
O concurso promovido pola Xunta, dotado cun orzamento de preto de 5,8 millóns de euros cofinanciados poia Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-NextGenerationEU, está dirixido aos concellos de menos de 20.000 habitantes con sistemas municipais de abastecemento de auga en alta incidindo en sistemas de distribución de auga para consumo como as captacións, depósitos e estacións de tratamento (ETAP) de titularidade pública. Os municipios incluirán na súa solicitude (que poden presentar ata o 29 de xullo) as infraestruturas nas que queren actuar, podendo actuar tamén nas conducións que conectan estas instalacións e as redes de distribución en alta, antes do inicio da subministración aos usuarios.
Ángeles Vázquez explicou que a idea de Augas de Galicia é comezar coa dixitalización das redes de abastecemento pero, en función da acollida desta convocatoria, a idea é seguir dixitalizando infraestruturas do ciclo da auga continuando co resto do sistema de abastecemento ou pasando aos de saneamento ou depuración.
Unha vez completado o proceso de selección dos concellos beneficiarios, o Executivo galego realizará un diagnóstico dos sistemas de abastecemento municipais, instalará os equipamentos dixitais e conectaraos a unha aplicación informática para facilitar a xestión municipal destas infraestruturas.
A conselleira lembrou que esta iniciativa busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real, “tal como se fixo na práctica totalidade das depuradoras xestionadas directamente por Augas de Galicia” sinalou, engadindo que “esas EDAR contan con sistemas automatizados de supervisión para controlar dixitalmente os principais parámetros de funcionamento da planta así como con equipamentos independentes de control continuo da calidade da auga depurada, que miden e rexistran en tempo real a turbidez da auga de saída e outros sinais para o seguimento da calidade tales como o caudal ou a condutividade”.
Lembrou que a maiores, Augas de Galicia está desenvolvendo unha nova plataforma para a monitoraxe en remoto e en tempo real das infraestruturas de saneamento que “permite a recollida en continuo de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e posibles desviacións mediante un elevado número de sinais dos sensores, do estado dos equipamentos ou do control enerxético”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?