Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Redondela achega este verán novos cursos de informática para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Redondela achega este verán novos cursos de informática para a rapazada

S. P.
Publicado: 28/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

redondela_rapazada_cursos_tecnoloxicos.jpgA Concellería de Novas Tecnoloxías de Redondela que dirixe Antonio Cabaleiro oferta cursos de formación no mes de xullo para a rapazada de entre 7 e 12 anos de idade. As clases de informática impartiranse en horario de mañá nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela. Nas clases os nenos e nenas, distribuídos en grupos de idade, aprenderá a través de xogos didácticos e achegaránselles nocións básicas de Internet, os sistemas operativos Windows e Linux, o programa educativo Gcompris e tarefas sinxelas de ofimática, entre outras cuestións.
En Redondela as clases serán os luns e mércores, do 8 ao 31 de xullo, en horario de 10.30 a 11.30 e de 12.00 a 13.00 horas. Na Aula CeMIT de Chapela as clases serán os martes e xoves desde o 9 de xullo ata o 1 de agosto, en horario de 10.30 a 11.30.
A actividade é de balde, e as prazas serán asignadas por orde de inscrición. As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da Piscina Municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.
Esta actividade forma parte dos cursos de formación que ao longo de todo o ano se ofrecen nas aulas CeMIT de Redondela e Chapela, que neste caso queren ofrecer ferramentas ás familias “para que nenos e nenas teñan un correcto coñecemento das novas tecnoloxías, algo fundamental para o seu desenvolvemento”, sinala Cabaleiro.
O departamento de Novas Tecnoloxías realiza cursos de xeito periódico “para que toda a veciñanza, tanto nenos como adultos e persoas de idade avanzada, conten coas ferramentas precisas para aproveitar toda a potencialidade de internet, ben sexa para o ocio ou para a realización de tarefas e xestións cotiás”, apunta o edil.
Máis información no departamento de Novas Tecnoloxías, no Multiusos da Xunqueira, ou no teléfono 986 400 366.
Talleres para adultos no mes de xullo
Ademais, no mes de xullo as Aulas Abertas ofrecen obradoiros para adultos, onde poden consultarse dúbidas para consultas e xestión de trámites online co Concello, a través do móbil ou tableta. En Redondela será todos os venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas. Na Aula Aberta de Chapela será os martes e xoves, de 11:30 a 13:30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?