Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia presenta as achegas e opinións dos seus socios ao Plan Director das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia presenta as achegas e opinións dos seus socios ao Plan Director das TIC

S. P.
Publicado: 28/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cluster_tic_achegas_plan_director.jpgO Clúster TIC Galicia celebrou este xoves 27 de xuño a súa asemblea xeral ordinaria na Adega Martín Códax de Cambados (Pontevedra), á que asistiron 58 persoas representando a 40 entidades asociadas. Na cita anual, púxose o foco nas accións realizadas ata o momento para colaborar no deseño do Plan director da industria das TIC que está a redactar a Secretaría Xeral de Industria, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta.
Neste sentido, o Clúster TIC Galicia, a través do seu Grupo de Traballo “Plan Director”, coordinado pola propia asociación, puxo de manifesto as suxestións e opinións das empresas socias que se incorporarán ao borrador de contribucións da entidade ao futuro Plan director das TIC. Por outra banda, o Clúster TIC Galicia tamén vén de colaborar con achegas, no apartado de dixitalización, a outros plans directores en marcha, como o da construción naval ou o da automoción.
A asemblea contou, ademais, coa presenza do director científico do CiTIUS, Senén Barro, que ofreceu un relatorio sobre a Estratexia de Intelixencia Artificial de España, recentemente aprobada polo Goberno español e que se desenvolverá durante os anos 2024 e 2025. Ademais, abordou os avances no Proxecto Nós, que están a desenvolver dende o CiTIUS e que busca xerar os recursos e ferramentas necesarias para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. O obxectivo é “colocar o galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes naquelas áreas relacionadas coas tecnoloxías lingüísticas e na sociedade e economía da Intelixencia Artificial”.
Na xuntanza de traballo tamén se repasaron as actividades e fitos máis destacados durante o último ano, como a inauguración do Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, no que xa están plenamente instaladas as empresas con espazos adxudicados e que cada vez alberga máis eventos tecnolóxicos.
Tamén se fixo especial fincapé no programa formativo posto en marcha en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para contribuír a xerar talento tecnolóxico adaptado aos perfís que demanda o sector. A través deste convenio, o Clúster impartiu 234 cursos no que participaron 5.369 alumnos, no ano 2023, mentres que para 2024 xa se executaron 103 cursos nos que participaron 2.405 alumnos. Tamén se anunciou que está previsto obter máis financiamento para o último cuadrimestre do ano.
Por último, mencionouse o lanzamento da primeira edición do programa Tech Angels, unha iniciativa impulsada co apoio das entidades autonómicas AMTEGA e IGAPE para poñer en contacto a emprendedores e startups con socios da entidade para impulsar os seus negocios a través da incorporación de tecnoloxías complexas e do evento programado para outubro de capital risco no que participarán importantes fondos de inversión. Ademais, no eido emprendedor, destacouse a iniciativa Node Hub, coa que colabora o Cluster TIC Galicia e que está a dotar ao sector dun mecanismo de incubación e aceleración de proxectos tecnolóxicos no que xa están a participar unha vintena de proxectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?