Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un total de 21 pemes galegas, seleccionadas para internacionalizarse a través de Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un total de 21 pemes galegas, seleccionadas para internacionalizarse a través de Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 01/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_avanza1.jpgO programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica Galicia Avanza vén de seleccionar 21 novas empresas para a súa terceira edición. Esta iniciativa poñíase en marcha en 2022, froito da colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), entidade encargada da súa xestión e coordinación.
Das empresas beneficiarias desta edición, 11 proceden da provincia de Pontevedra, seis de Ourense e catro da Coruña. Ao longo dos vindeiros meses, terán a oportunidade de acceder a un programa integral de apoio á internacionalización, que se prolongará ata febreiro de 2025, con itinerarios personalizados para cada unha delas. Segundo explicou a Tecnópole, traballarase na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais, na detección de posibles colaboracións con outras empresas, no acceso a novos segmentos de clientes e en incrementar a atracción de financiamento externo, entre outros aspectos.
O ámbito das novas tecnoloxías e a robótica será un dos ámbitos clave e figuran proxectos como unha plataforma dixital para empresas produtoras de residuos, destinada a centralizar o control operativo e documental de todos os refugallos xerados. Tamén forma parte do programa unha plataforma de xestión intelixente de servizos de Tecnoloxías da Información (TI) e de procesos de negocio, que permite calcular en tempo real indicadores de cumprimento técnicos e funcionais.
galicia_avanza2.jpg Por outro lado, unha firma especializada en robótica industrial busca internacionalizar as súas celas robotizadas modulares, dirixidas en particular ao sector da automoción e que permiten obter unha alta produtividade nun espazo concentrado. Outra das empresas fabrica sistemas avanzados de manipulación, compostos por garras e dedos robóticos, cuxa función principal é a manipulación de pezas industriais (montaxe, transporte, medición e operacións especiais como o enroscado).
Galicia Avanza acolle empresas que ofrecen produtos e servizos tan diversos como unha peme que camperiza furgonetas industriais, unha academia de xadrez online, unha peme dedicada á transcrición de partituras e á elaboración de librerías de música virtuais, unha consultora de comunicación internacional especializada en achegar ás empresas a novos países e culturas, unha firma que ofrece servizos dixitais para predicir as propiedades da madeira, outra de servizos de decoración e adecuación de espazos para hoteis, unha empresa que busca internacionalizar o seu humus líquido como fertilizante orgánico, ata unha axencia de viaxes especializada en alugueiros de vilas vacacionais de luxo en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?