Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela Monumental achega cursos de formación tecnolóxica para comercio, hostalería e turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela Monumental achega cursos de formación tecnolóxica para comercio, hostalería e turismo

S. P.
Publicado: 01/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cursos_ape_compostela_monumental_2.jpgA Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental e APE Galicia van organizar cursos de formación gratuíta online para o comercio, a hostalería e o turismo. Trátase dunha serie de actividades de capacitación destinadas a axudar ás empresas e ás persoas autónomas e profesionais a seren máis competitivas e rendibles. Tamén, a incrementar a súa empregabilidade.
O programa inclúe tres cursos de informática orientados a mellorar o coñecemento das persoas asistentes no dominio das ferramentas informáticas esenciais para optimizar o seu traballo e mellorar a túa produtividade. Trátase dos cursos Aplicacións informáticas Ofimática (Office 2016), de 50 horas de duración; o curso Programas de contabilidade, de 30 horas; e o curso Venda online, de 30 horas.
Tamén haberá outras formacións sobre transformación dixital e cursos de hostalería e turismo para achegar as competencias necesarias que garantan o éxito no sector: o curso Inglés profesional para servizos de restauración (60 horas), o curso Técnicas de información e atención ao cliente/consumidor (60 horas) e o curso Técnicas de servizo de alimentos e bebidas en barra e mesa (60 horas).
Os cursos van dirixidos a persoas traballadoras por conta allea e autónomas de calquera sector que desexen actualizar os seus coñecementos, mellorar as súas habilidades e aumentar as súas oportunidades laborais.
Vantaxes dos cursos
Actualización de coñecementos e habilidades nun sector en constante evolución.
Mellora da empregabilidade e as oportunidades de promoción profesional.
Fortalecemento das competencias dixitais, cada vez máis demandadas polas empresas.
Oportunidade de especialización en áreas de gran interese para o mercado laboral.
Quen precise máis información tena ao seu dispor na páxina web de Compostela Monumental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?