Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bugallido (Ames) presentou un flashmob das letras galegas con música de Guadi Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bugallido (Ames) presentou un flashmob das letras galegas con música de Guadi Galego

S. P.
Publicado: 02/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

asociacions_bugallido_video_flash_mob_ames_guadi_galego.jpgO pasado venres 28 celebrouse en Ames a presentación do vídeo flash-mob que elaboraron as asociacións veciñais e culturais de Bugallido, en Ames. No acto participaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e o alcalde de Ames, Blas García, entre outras personalidades. O vídeo tivo o seu xermolo na gran festa organizada polos ditos colectivos para celebrar o pasado 17 de maio: a Carballeira das Letras.
Esta cita, que contou coa colaboración do Concello e da Secretaría Xeral da Lingua, incluíu obradoiros sobre Luísa Villalta, un xantar campestre con foliada e a gravación dun vídeo a partir do tema Chea de vida da cantante Guadi Galego (veciña de Bugallido), unha acción colectiva na que confluíron música, lingua e arte. O audiovisual foi dirixido por Carlos Abal. No mesmo acto deste venres no centro cultural A Mahía tamén se presentou o novo logotipo deseñado para identificar de maneira conxunta as asociacións locais: Centro Cultural Mahía, Veciñal San Pedro e Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído.
guadi_flash_mob_chea_de_vida_bugallido.jpgNo vídeo-clip participou un nutrido grupo de veciñas e alumnos das actividades que organizan as ditas asociacións de Bugallido, e tamén o público que acudiu á pasada festa da Carballeira das Letras, do 17 de maio. O obxectivo foi “dar visibilidade aos espazos cotiáns nos que o idioma propio funciona como elemento de cohesión e de dinamización social”.
Valentín García destacou o labor exemplar das asociacións locais en prol da cultura e da lingua galega e recoñeceu que “en Bugallido realmente hai unha comunidade especial onde tres asociacións se unen e traballan para conseguir obxectivos comúns”. Mostrou tamén a súa satisfacción de compartir o acto con Guadi Galego, “a primeira persoa particular que recibiu o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?