Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O curso de turismo da UDC pon o foco nos desafíos e potencialidades da IA no sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O curso de turismo da UDC pon o foco nos desafíos e potencialidades da IA no sector

S. P.
Publicado: 02/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xose_regueira_curso_veran_deputacion_turismo.jpgEstes días estase a desenvolver no Ézaro (Dumbría) un curso de verán da UDC centrado na dixitalización do turismo. A cita lévase a cabo na Casa da Cultura, baixo o fío temático Transformación no turismo: oportunidades, retos e casos de éxito na xestión turística intelixente. O alcalde de Dumbría, Raúl González, e o presidente da CMAT e rexedor de Zas, Manuel Muíño, e a directora do curso, Iria Caamaño, foron os responsables de abrir a xornada. O programa inclúe dúas mesas redondas e outras dúas conferencias con diversos expertos en innovación turística.
Na mañá deste 2 de xullo a actividade acolleu unha mesa redonda sobre turismo intelixente na que participaron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, e da secretaria técnica da CMAT Catherine García Pernas, que puxeron en valor o potencial da Intelixencia Artificial para a profesionalización do sector turístico.
Como dixemos, o curso de verán da UDC de turismo, que se desenvolve ata este mércores 3 de xullo, aborda nesta edición os retos e oportunidades da xestión turística apoiada nas máis avanzadas tecnoloxías.
Regueira comezou a súa intervención mirando aos seus inicios en turismo no 2004, cando “non existía como sector económico, nin había profesionais nin persoal técnico nin consultorías…”. Nestes 20 anos, afirmou, “algunhas cousas mudaron moito: somos un destino recoñecido na potencia mundial, demandado e destacado. Contamos cun sector formado, competitivo e que aposta pola calidade e ademais, o turismo cada ano ten un maior peso económico, rondando actualmente o 14%”. Regueira dixo que boa parte dos retos do sector son tamén oportunidades, referíndose ao que implicou a tecnoloxía “para as centrais de reservas, liñas de baixo custe, plataformas de información, a economía turística colaborativa…”, ferramentas “que cambiaron para sempre a forma na que eliximos, compramos e desfrutamos do turismo”.
Regueira falou tamén das vantaxes da Intelixencia Artificial xerativa “nun momento de volatilidade, incerteza, complexidade e ambigüidade como o actual”, pois ofrece “velocidade na difusión da tecnoloxía ao ser altamente intuitiva”.
E, rematou citando os principais retos do sector turístico: “Entender o cambio, aprender as linguaxes e a comunicarnos coas novas contornas tecnolóxicas, integrar as novas tecnoloxías e investir en I+D+i par facerlle fronte a toda esta revolución”. O obxectivo, dixo, é “saber vender turismo a través da Intelixencia Artificial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?