Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta premia os mellores proxectos dos estudantes que cursan o STEMBach
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta premia os mellores proxectos dos estudantes que cursan o STEMBach

S. P.
Publicado: 02/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240702_foto_familia_stembach.jpgA Consellería de Educación vén de recoñecer este curso, por primeira vez, os mellores proxectos de investigación realizados polos centros educativos no marco do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMBach, unha iniciativa que ten como finalidade impulsar a formación STEM e as habilidades científico-tecnolóxicas, “en especial no tratamento de datos e na incorporación da Intelixencia Artificial á sociedade”, así como fomentar as vocacións neste eido entre os máis novos.
Hoxe os nove mellores proxectos do programa de STEMBach, dos 61 desenvolvidos, defenderon os seus traballos ante un xurado. Finalmente seleccionáronse os tres mellores proxectos de investigación. O titular do departamento educativo galego destacou que estes proxectos “demostran a calidade e o talento que atesouran os estudantes galegos e convido a afondar máis na formación STEM”.
Os gañadores son o IES Eusebio da Guarda da Coruña co proxecto Novas dianas terapéuticas para o tratamento da artroses: un modelo con algas mariñas, realizado por Natalia Gómez e Ha Nul Kim; o IES Rosalía de Castro con Influencia das condicións meteorolóxicas na cantidade de raios cósmicos detectados na superficie, feito por Belén Carla Merino Pazos, e Tipo de redes neuronais: fundamentos teóricos e aplicacións, traballo de Aroa Álvarez, Andrea Dapena, Natalia Fernández e Alba Quintas, alumnas do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. As premiadas, todas mulleres, irán de viaxe á feira SciFest de Dublín, en Irlanda.
O xurado destacou a calidade dos proxectos que resultaron premiados así como do resto de finalistas, detallados a continuación:

Centro

Proxecto

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

Medición da calidade lingüística de textos con técnicas de lingüística computacional

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

Sistemas automáticos de recomendación de videoxogos

IES Agra do Orzán (A Coruña)

Sistema automático de recomendacións de videoxogos

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo)

Materiais construtivos e procesos de deterioro da Catedral de Lugo e Capela do Carme

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo)

Estimación do sexo, idade e talla en restos óseos humanos

CPR Plurilingüe Miralba (Vigo)

Explorando ambientes extremos como fonte de microorganismos produtores de enzimas de interese industrial

IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

Sensoxenómica, descifrando a melodía xenética da saúde e a enfermidade

Novidades para o vindeiro curso

STEMbach é unha iniciativa que facilita a adquisición de competencias transversais como a creatividade, o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global. Ademais, o programa pon especial foco na redución da fenda de xénero, mellorando a presenza de mulleres en carreiras do ámbito STEM e técnicas.
O titular do departamento galego, aproveitou esta xornada para destacar, nas súas palabras, “o éxito da iniciativa”, que segundo dixo, pódese medir na calidade dos proxectos presentados e no volume de centros participantes, 45, e por ser cursado por 774 alumnos. Os estudantes desenvolven un proxecto de investigación relacionado con calquera ámbito de recoñecemento de materias cursadas, que está co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realiza unha defensa do traballo en sesión publica.
No acto tamén participaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López, a vicerreitora de Estudantando e Empregabilidade da UVigo, Natalia Caparrini, e a responsable do STEMbach da UDC, a investigadora do CITIC Susana Ladra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?