Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerolab (UVigo) busca crear unha ferramenta para trazar as mellores rutas para os aeoroportos de drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerolab (UVigo) busca crear unha ferramenta para trazar as mellores rutas para os aeoroportos de drons

S. P.
Publicado: 03/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_areolab_drons_copia.jpgDefinir as rutas máis seguras para os aeroportos de drons urbanos (vertiportos) é o obxectivo do grupo da Universidade de Vigo Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) que está a traballar neste senso. Así, no marco dun proxecto estatal Aerolab investiga a creación dunha ferramenta computacional que, baseándose en datos xeoespaciais, meteorolóxicos e de simulación de fluídos traze o percorrido máis eficiente para os aeroportos de drons nas cidades.
O proxecto Mobilidade aérea urbana segura e eficiente en vertiportos baseada en modelos CFD de micrometeoroloxía (Safe-Vertiport) ten unha duración de dous anos, estando previsto que remate en decembro de 2025. Está financiado con 121.000 euros pola convocatoria Proxectos de Xeración de Coñecemento, do Ministerio de Ciencia e Innovación, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Next Generation EU. Como investigadores principais están os catedráticos e membros do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da Uvigo: Elena Martín e Higinio González. O enfoque do proxecto é multidisciplinar, combinando persoal investigador con experiencia en sistemas aéreos non tripulados e tecnoloxía xeoespacial (Higinio González, Iván Puente e Luis Miguel González), en modelos meteorolóxicos (Nieves Lorenzo e Inés Álvarez) e aerodinámica, mecánica de fluídos computacional e modelado de orde reducido (Elena Martín).
Dende a organización do proxecto sinalan que, no sector en auxe dos drons, a tendencia é optar pola construción dos chamados vertiportos, infraestruturas enerxeticamente eficientes pensadas para integrarse na cidade e permitir operacións áxiles e seguras deste tipo de aeronaves. “Os vertiportos achegarán un novo modelo de conectividade urbana”, afirman as e os investigadores da UVigo. Neste contexto, o obxectivo xeral de Safe-Vertiport é “contribuír a garantir a seguridade e a eficiencia de manobras de aterraxe e despegue de aeronaves en emprazamentos de vertiportos urbanos”.
Máis polo miúdo, Safe-Vertiport traballa no desenvolvemento de algoritmos para a definición de rutas de aterraxe e despegue (planificación de rutas) baseadas en información xeométrica combinada, predicións micrometeorolóxicas-CFD, restricións reguladoras e a envolvente de voo dunha aeronave. O algoritmo de planificación que se persegue, baseándose nunha combinación de factores derivados da información anterior, ofrecerá un espazo aéreo “voxelizado”, indicando se cada vóxel (cada unidade cúbica del), é apto para ser utilizado pola aeronave ou non, definindo así en primeiro lugar o camiño máis seguro para ela e, en segundo lugar, o máis eficiente en tempo e enerxía consumida.
O proxecto aposta pola aplicación de tecnoloxías como modelado xeoespacial 3D; de simulación CFD de fluxos de aire e de microclima. A xeración e introdución dos diferentes modelos emprega ferramentas de balde e de código aberto e a validación da proposta desenvolvida realízase en parte empregando equipos da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense á que pertence o equipo investigador.
Salientar que Safe-Vertiport desenvolverá “unha ferramenta dinámica que resolverá, con predicións rápidas, o fluxo no vertiporto a escalas da orde de metros empregando software CFD”. Deste xeito, o proxecto, segundo os seus responsables, achegará tres novidades ao seu eido de traballo: o uso de condicións de contorna máis realistas e precisas, a implementación dun rápido modelo de predición de fluxos de vento en resolución de metros e a súa alimentación a partir da lectura dinámica de predicións meteorolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?