Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnoloxías para garantir o futuro do galego centran un curso de verán da USC en Ribeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnoloxías para garantir o futuro do galego centran un curso de verán da USC en Ribeira

S. P.
Publicado: 08/07/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

lingua_galega_seculo_xxi_ribeira_valentin_garcia.jpgEste luns 8 de xullo comezou en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, o Curso de Verán da Universidade de Santiago A lingua galega no século XXI. No acto de apertura abriu as actividades Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, quen deu a palabra aos dous directores do curso, membros da RAG (Real Academia Galega) e catedráticos da USC, Herique Monteagudo Romero e Xosé Luís Regueira Fernández, e para rematar e o acto e inaugurar o curso interveu o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García Gómez.
O curso, que se desenvolve ata o mércores 10, ten como obxectivo analizar algúns dos principais desafíos aos que se debe enfrontar o galego, como por exemplo a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital ou a integración das persoas migrantes con diferentes linguas e culturas. Ademais de describir a situación actual, o foco do curso estará na discusión das necesidades e nas estratexias para poder atendelas.
Por certo que a última das xornadas estará adicada á cuestión tecnolóxica: porase o foco no Proxecto Nós (USC, Secretaría da Lingua) para afianzar a presenza do galego na Intelixencia Artificial e mesmo farase unha competición con Common Voice, proxecto de crowdsourcing iniciado por Mozilla para crear unha base de datos gratuíta para o software de recoñecemento de voz (conta co apoio de voluntarios que gravan oracións de mostra cun micrófono e revisan as gravacións doutros usuarios).
Datos do curso
lingua_galega_seculo_xxi_ribeira_ii.jpg Dirección: Xosé Luís Regueira (USC) e Henrique Monteagudo (USC)
Secretaria: Noelia García (USC) e Alicia Padín (Concello de Ribeira)
Lugar de celebración: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (A Coruña).
Este curso conta co co-financiamento do Concello de Ribeira
Programa
Día 8 de xullo
9.30 Apertura do curso
10.00-14.30: Sesión temática: Transmisión e mantemento da lingua. Ribeira e a súa contorna.
Conferencias
10.00: Perfil sociolingüístico do Barbanza
Henrique Monteagudo (Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC e Director do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
10.25: A transmisión interxeracional da lingua no Barbanza
Xaquín Loredo (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
10.50: Transmisión e mantemento da lingua na infancia: as dinámicas familia / escola / pares
Gabino Vázquez-Grandío (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
11.15: Debate
11.40: Pausa-café
12.10: Obradoiro de actividades de sociolingüística
13.00: Mesa redonda
Moderador: Henrique Monteagudo (USC)
Participantes: Pilar Ponte (IES Félix Muriel de Rianxo), Teresa Hernández Alfaraz (CEIPP de Palmeira) e David Novo Martínez (CEIP de Artes).
16.30: Visita didáctica ao Parque Nacional das Illas Atlánticas: a illa de Sálvora e as súas lendas. Dinamizador: Quico Cadaval (narrador oral e veciño de Ribeira).
Día 9 de xullo
10.00-14.30: Sesión temática: Linguas e migración en Galiza: as voces diversas da nosa sociedade na posmodernidade.
10.00: Conferencia: Novos repertorios plurilingües na Galiza: da comunidade á escola.
Gabriela Prego (Profesora de Lingüística Xeral, USC).
11.00: Mesa redonda: Mergullándonos nas linguas de Ribeira.
Modera: María Caamaño Rojo (Profesora de Didáctica das Linguas e das Literaturas, USC). Dinamizadoras: Luz Zas Varela (Profesora de Lingüística Xeral, USC) e Marta Estévez Grossi (Investigadora posdoutoral, USC).
Participantes: Xosé Lois Vilar Rodríguez (exprofesor e coordinador para a alfabetización para persoas estranxeiras en Ribeira), María Rama Pico (profesora do IES Número 1 de Ribeira ), Nieves Lampón González (directora do CEIP O Grupo de Ribeira), Manal Chahir (estudante da USC e veciña de Ribeira), Khadija Zaghloul (empresaria e veciña de Ribeira), Hamza Rassolul (estudante e veciño de Ribeira).
12.30: Pausa-café
13.00: Obradoiro: (Re)presentando a diversidade lingüística de Ribeira con Actividade de rúa: Visibilizar para transformar.
Dinamizadoras: Luz Zas, María Caamaño, Marta Estévez, Gabriela Prego (USC).
Visitas didácticas
17.00: Visita á Lonxa de Ribeira, para asistir á poxa de viva voz. O uso do galego no tecido económico contemporáneo.
18.00: Paseo literario por Ribeira: Os camiños do mar, con María Xesús Blanco, escritora e veciña de Ribeira.
Día 10 de xullo
10.00-14.30: Sesión temática: As tecnoloxías lingüísticas e o Proxecto Nós: o galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial.
10.00-11.00: Relatorios:
Elisa Fernández Rei (Profesora de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC): As tecnoloxías lingüísticas e a lingua galega: o Proxecto Nós.
Carmen Magariños (Investigadora da USC): Tecnoloxías da fala: Síntese de voz e recoñecemento da fala
Pablo Gamallo (Profesor de Lingüística Xeral da USC): Grandes modelos de linguaxe (e tradución automática)
11.15: Pausa-café
11.45: Obradoiro: Competición de Common Voice.
Dinamizadoras: Adina Vladu e Noelia García (Investigadoras da USC).
13.00: Mesa redonda: As tecnoloxías lingüísticas e a intelixencia artificial: unha ferramenta ou unha ameaza?
Moderador: Xosé Luís Regueira (Catedrático da USC).
Participantes: Iria Taibo (tradutora, membro da AGPTI e deputada no Parlamento Galego), Gaspar González Somoza (director e actor de dobraxe), Carlos Lixó (profesor do IES da Pobra do Caramiñal e creador de contido), Marta Pérez Pereiro (Profesora da USC).
16.30: Visita didáctica:
Visita ao Museo do Gravado de Artes (Fundación Museo do Gravado á Arte Dixital de Artes). Visita ás coleccións e biblioteca.
18.00 Clausura
Alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?