Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os retos da IA para o ensino, a literatura e a cultura galegas centran unha xornada do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os retos da IA para o ensino, a literatura e a cultura galegas centran unha xornada do CCG

S. P.
Publicado: 08/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ia_intelixencia_artificial_ccg_cultura.jpgO Consello da Cultura Galega vai organizar esta semana unha cita de debate e divulgación sobre as novas tecnoloxías e os novos retos (tecnolóxicos) aos que se enfronta a nosa terra en materia de idioma e cultura. Trátase da xornada Intelixencia Artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na Educación Secundaria, que se desenvolve este martes 9 na sede compostelá do CCG, no Pazo de Raxoi.
O Consello da Cultura contextualiza deste xeito a xornada: “A irrupción a finais do ano 2022 de ferramentas de Intelixencia Artificial Xerativa, como ChatGPT e outras moitas, está a revolucionar o xeito en que o alumnado realiza as tarefas, mais tamén a maneira en que o profesorado avalía os traballos; ademais o galego atópase nunha situación de minorización tamén no ámbito tecnolóxico, de xeito que moitas das ferramentas que a comunidade educativa ten ao seu alcance non están en galego nin están contextualizadas ou referenciadas na cultura galega”.
Esta xornada pretende “reflexionar sobre os desafíos que traen canda si estas tecnoloxías, especialmente a IA, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio”. Tamén se procura “identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas”.
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas) e as cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Programa

16:00 horas – Presentación
16:30 horas – Conferencia – A integración da Intelixencia Artificial nos procesos de ensino-aprendizaxe: posibilidades e retos
Lorena Casal, Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e secretaria do Instituto de Ciencias da Educación da USC
17:15 horas – Debate
17:30 horas – Mesa redonda – Desafíos e oportunidades que ofrecen as tecnoloxías para o ensino de lingua, literatura e cultura galegas no ensino secundario
Ana Pérez Rico, Asociación SocioPedagóxica Galega (AS-PG)
Fernando González Bao, Centro Autonómico de Formación e
Innovación (CAFI)
María José Malmierca, Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Fátima Leira Beloso, profesora no IES Canido de Ferrol
Modera: Francisco Dubert García (Instituto da Lingua Galega, USC)
19:00 horas – Peche da xornada

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?