Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolleu a presentación do proxecto que revolucionará o noso sector lácteo: Smartz4Milk
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolleu a presentación do proxecto que revolucionará o noso sector lácteo: Smartz4Milk

S. P.
Publicado: 09/07/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

alfonso_rueda-_presidente_xunta_de_galicia_web.jpgEsta mañá celebrouse en Santiago de Compostela o acto inaugural do proxecto Smartz4Milk, que busca incrementar con tecnoloxías avanzadas e intelixentes a competitividade, a sustentabilidade e a resiliencia do sector lácteo galego, cun investimento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda concedida de 9,7 millóns de euros, financiada polo Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e a Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU.
O acto foi inaugurado por Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, Pedro Blanco, delegado do Gobierno en Galicia, e Juanjo De la Cerda, director executivo de CLUSAGA, quen destacou a importancia estratéxica desta iniciativa para o desenvolvemento sustentable e a innovación en Galicia e o futuro do sector lácteo.
O presidente da Xunta valorou que “iniciativas como esta permiten, ao mesmo tempo que se moderniza a industria, ofrecer un produto de calidade aos consumidores e ser exemplo de que se pode avanzar mentres se protexe o medio ambiente”. Puxo en valor, ademais, a especial relevancia que ten que Galicia lidere este proxecto, en tanto é a primeira Comunidade produtora de leite en España e concentra a máis da metade dos gandeiros do país.
pedro_blanco-_delegado_gobierno_galicia.jpgPola súa banda, Pedro Blanco, delegado do Gobierno en Galicia apuntou que “este é un verdadeiro exemplo do que toda unha industria unida e co apoio do Executivo pode conseguir, creando sinerxías entre o mundo académico, científico, económico e industrial que desembocan en beneficio de todas e todos os galegos” Ademais, subliñou o retos que ten por diante o sector agroalimentario galego “referente en Europa”, como o de camiñar cara a novos modelos de produción máis respectuosos co medio.
juanjo_de_la_cerda-_ceo_clusaga_2_web.jpg Juanjo De la Cerda, CEO de CLUSAGA afirmou que “esta iniciativa representa non só un avance significativo na tecnoloxía e a sustentabilidade do sector lácteo, senón tamén unha visión audaz cara ao futuro da nosa industria”. Segundo dixo, CLUSAGA busca con esta iniciativa “posicionar a Galicia como un referente na industria alimentaria global, promovendo a innovación, a adopción de tecnoloxías avanzadas e as prácticas que reduzan o impacto ambiental; e fomentando un ecosistema de innovación dinámico e colaborativo”.
Despois da benvida institucional, os socios do consorcio do proxecto tomaron a palabra. Baixo a moderación de representantes de Medrar Smart Solution e da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia, debulláronse os obxectivos específicos do proxecto, que se executarán ata xuño de 2025 centrándose nos tres eixos fundamentais: sustentabilidade, dixitalización e trazabilidade.
Segundo fixeron saber os responsables do proxecto, cada unha das empresas socias desempeña un papel crucial na implementación e éxito das metas establecidas para fortalecer e transformar o sector lácteo galego.
Grupo Lence, como empresa líder, coordina as actividades globais, desenvolve produtos sustentables e mellora a xestión integral mediante tecnoloxía avanzada; CAPSA FOOD céntrase na investigación de materiais sostibles para envases lácteos, descarboniza procesos usando insectos e microalgas, e desprega ferramentas de dixitalización e Intelixencia Artificial; Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) desenvolve e implementa sistemas para a automatización e dixitalización da cooperativa co obxectivo de crear unha cadea valor láctea intelixente, rastrexable, respectuosa co medio e conectada; Agrupación de Cooperativas Lácteas (ACOLACT) traballa na recuperación de nutrientes e subproductos, reduce o uso de auga e minimiza a pegada de carbono con sistemas pechados de refrixeración; Bico de Xeado (CAP Coruña) desenvolve sistemas de xestión integral, implementa sensórica avanzada para control de calidade e seguridade; Queizuar introduce sistemas de hixienización industrial sostibles e control en tempo real para mellorar a trazabilidade e seguridade alimentaria; e Queixería Prestes aproveita subproductos lácteos, desenvolve bioplásticos e sistemas de envasado de última xeración.
En canto ás empresas tecnolóxicas, Grupo AMSlab utiliza técnicas de proteómica para garantir a calidade e trazabilidade das proteínas lácteas; ASM Soft desenvolve plataformas para a captación e a integración de datos industriais en tempo real; Plexus Tech desenvolve unha plataforma global baseada na cadea de bloques (blockchain) para asegurar a trazabilidade; e Sixtema crea ferramentas para a vixilancia de datos de calidade e seguridade alimentaria.
Ademais, universidades e centros de investigación como a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG) son claves no desenvolvemento tecnolóxico, achegando coñecemento científico e soporte técnico. O proxecto tamén conta coa participación de 40 empresas tecnolóxicas de toda España.

Mesa redonda e análise do sector

foto_institucional_smartz4milk_presentacion_web.jpg Durante o acto, representantes da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), a Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC), a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB) e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) participaron nunha mesa redonda, analizando as claves do futuro da cadea de valor láctea.
A xornada concluíu cunha exposición sobre as oportunidades derivadas da segundo convocatoria do PERTE Agroalimentario, presentada polo director da Oficina Técnica do Comisionado especial para o PERTE Agroalimentario, Galo Gutiérrez, que ofreceu información sobre novas oportunidades de financiamiento e apoio para as empresas do sector, ademais de valorar positivamente o proxecto Smartz4Milk. Gutiérrez anunciou que “o proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (PERTE) Agro 2 abrirá o prazo para presentar os proxectos en setembro”. Ademais, confirmou que dentro deste PERTE outorgaranse 100 millóns de euros en subvencións, aos que se sumarán outros 200 millóns máis en forma de préstamos noutra convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?