Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es destina 115,5 millóns de euros para bolsas de formación en intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es destina 115,5 millóns de euros para bolsas de formación en intelixencia artificial

S. P.
Publicado: 09/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

red.es_generacion_d_traballo.jpgO Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e da Función Pública e a Secretaría de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades respectivamente, celebraron a primeira reunión de traballo coas catro entidades seleccionadas para desenvolver os programas de atracción e retención do talento. Trátase dunha das medidas do Plan Nacional de Capacidades Dixitais.
O proxecto forma parte da Estratexia de Intelixencia Artificial aprobada o pasado 14 de maio polo Consello de Ministros, no que un dos eixos fundamentais é a formación en IA. O importe destinado a estes programas é de 115,5 millóns de euros e teñen como obxectivo garantir a formación e inclusión dixital da cidadanía e os traballadores.
O encontro celebrouse na sede de Red.es, quen canaliza o investimento e o seguimento do proxecto.
As catro entidades que resultaron beneficiarias da invitación, publicada o pasado 9 de abril, son: a axencia estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (tipoloxía A), o Barcelona Supercomputing Center- Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS) (tipoloxía A), o Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (F.S.P) (tipoloxía B) e a Fundación Sector Público Estatal Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas Carlos III (tipoloxía B).
Os programas de atracción e retención de talento estarán estruturados en proxectos ou liñas de investigación e deberán incluír a contratación de persoal investigador técnico, predoutoral ou postdoutoral, así como o persoal técnico de apoio vinculado. Cada un destes contratos ou bolsas, un total de 374 terá que cumprir un plan de formación de, polo menos, 240 créditos ECTS, que se desenvolverán durante 48 meses.
Os proxectos ou bolsas que formen os programas deberán estar relacionados con ámbitos tecnolóxicos ou científicos relativos á dixitalización, e particularmente á IA, en tecnoloxías tales como: tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información; computación de alto rendemento; computación na nube; ciberseguridade; biotech, dispositivos médicos; robótica ou tecnoloxías cuánticas. Os proxectos executaranse nun prazo de 4 anos e 6 meses a contar desde o día da publicación da resolución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?