Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo Transforma incorpora a Himikode Tech, referente en IoT, IA e Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo Transforma incorpora a Himikode Tech, referente en IoT, IA e Big Data

S. P.
Publicado: 10/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

050724_lugotrasnforma_himikode_1.jpgA alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presentou a semana pasada á oitava das empresas que recibirá financiamento da Estratexia Lugo Transforma, ferramenta do Concello para impulsar a diversificación industrial do municipio e promover a creación de emprego de calidade. Acompañada polo seu conselleiro delegado, Jesús Torres, e o analista de investimento desta sociedade, Jorge Leiro, a rexedora recibiu a Noemí Rodríguez e Raúl Bayón, socios fundadores de Himikode Tech, como nova beneficiaria do fondo emprendedor.
A oitava integrante do fondo de capital risco municipal foi constituída en Lugo en 2018. Nestes seis anos de percorrido logrou facerse un oco dentro dun sector moi competitivo como é o tecnolóxico cunha actividade radicada fundamentalmente en Lugo e na súa contorna.
“Trátase dunha firma centrada en tres áreas moi específicas que ademais están en continuo desenvolvemento, como son a IoT (Internet of Things), a IA (Intelixencia Artificial) e o Big Data”, explicou a rexedora, quen resaltou o feito de que a aposta polo desenvolvemento tecnolóxico aplicado a incentivación da economía verde e circular “está en absoluta consonancia coas liñas de actuación determinadas dende o Concello e que son eixos vertebrador de Lugo Trasnforma”.
Así, desde a starup lucense desenvolveron unha solución formada por un dispositivo hardware equipado cun software específico que permite converter os tradicionais bancos de máquinas de café en dispositivos intelixentes capaces de monitorizar datos relativos ao consumo de café aportando datos precisos sobre aspectos como os gramos de material consumido, o número cuncas de café vendidas o caudal de auga empregado.
“Ademais esta tecnoloxía nacida en Lugo analiza a calidade do proceso, así como o estado das propias máquinas a súa localización, o estado de conexión ou o tempo que lle resta de vida útil, aspectos que permiten mellorar a eficiencia do establecemento, e por tanto, logrando un importante aforro de tempos e custos”, precisou Alvarellos.
A compañía que ten a súa sede na rúa Illas Cíes, conta na actualidade cun equipo formado por 7 persoas traballadoras, que nun futuro inmediato medrará de xeito considerable xa que o seu plan de negocio recolle a creación de 12 novos postos de traballo directos e 30 indirectos nos próximos 5 anos.
A alcaldesa explicou que o investimento por parte do fondo Lugo Transforma ascende nesta caso aos 300.000 euros destinados a equity. E dicir, entrando directamente no capital da compañía. Estes fondos irán destinados a aprovisionamentos, á expansión comercial e, fundamentalmente, a internacional e ao aumento do seu persoal. “O apoio ao emprendemento é un piar fundamental da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego de calidade e fixar poboación, avanzando así nun Lugo de oportunidades”, apunto a rexedora.
Pola súa banda, Jesús Torres salientou que a iniciativa Lugo Tranforma adquire unha maior importancia estratéxica no contexto económico actual. “As empresas ás que se dirixe o fondo teñen especial dificultade á hora de obter financiamento tradicional debido á súa mocidade e por tanto escaso track record (bagaxe financeira) e cando o fan deben aterse, non só a un contexto macroeconómico onde impera a escalada de tipos de interese, senón que deben facer fronte a uns diferenciais elevados, que compensen a asunción do risco por parte da entidade financeira”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?