Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 3.500 rapazas e rapaces desfrutaron das exposicións de eXXperimenta en Feminino da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 3.500 rapazas e rapaces desfrutaron das exposicións de eXXperimenta en Feminino da UVigo

S. P.
Publicado: 11/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

experimenta0_en_feminino_uvigo.jpgAs exposicións divulgativas do colectivo eXXperimenta en Feminino da UVigo (composto por profesoras e investigadoras de Ciencias, Enxeñaría Informática e Aeroespacial) rematan o seu periplo pola xeografía galega neste remate do curso 2023-2024 e volven ao Campus de Ourense. No balance de actividade figura o seguinte dato destacado: ao longo deste curso as mostras As mulleres que nos levaron á lúa e Mulleres na ciencia percorreron 18 centros educativos e outras entidades co obxectivo de espertar en rapazas e rapaces a vocación científica e suplir a carencia de referentes femininos no campo STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática).
experimenta3_en_feminino_uvigo.jpgA mostra Mulleres na ciencia, apoiada pola Unidade de Igualdade da UVigo e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, está formada por 14 pósters de gran tamaño sobre a traxectoria de mulleres cun destacado papel no eido STEM. Concretamente, ofrece información da física Mileva Maric; da física e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrónoma Antonia Ferrín; da bioquímica Margarita Salas; da química e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeñeira química Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbióloga Esther Lederberg; da psicóloga e bióloga Linda B. Buck; da química industrial e farmacéutica María José Núñez; da farmacéutica e química Tarsy Carballas; da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno e da química e farmacéutica Teresa Toral.
exxperimenta7_en_feminino_uvigo.jpgA exposición estivo ao longo deste curso exposta nos institutos de Educación Secundaria Carlos Casares, de Viana do Bolo; As Barxas, de Moaña; Leliadoura, de Ribeira; Allariz; Urbano Lugrís, de Malpica; Maximino Romero de Lema, de Baio; Fonmiñá, da Pastoriza; Brión; Eduardo Blanco Amor, de Ourense; Xograr Afonso Gómez, de Sarria; Virxe do Mar, de Noia, e Castelao, de Vigo. Tamén foi exposta no Colexio Pablo VI, da Rúa, e no CIFP Manuel Antonio, de Vigo. En cada un deste centros educativo foi visitada por unha media de 250 rapaces e rapazas, ascendendo a cifra total a arredor de 3500 persoas.
A segunda das exposicións é As mulleres que nos levaron á lúa, destinada a recoñecer o traballo de mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa. Neste caso, a mostra foi lanzada co apoio da Deputación de Ourense e da Unidade de Igualdade da UVigo e consta de doce paneis, con textos e ilustracións de Manuela Elizabeth Rodríguez MeliMolita. Entre os nomes incluídos están os de Annie Eeasley, Jeanne Lee Crews, Mary Sherman, Galina Balashova e Christine Darden. Neste caso, a exposición combinou a súa visita a centros educativos con outros espazos expositivos de interese tendo en conta a súa temática. Así puido verse no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña; no Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; no edificio Redeiras da Universidade de Vigo e no IES Otero Pedrayo de Ourense.
Ao igual que en edicións anteriores, as dúas exposición, sinalan desde o colectivo organizador, “foron moi ben acollidas polo público”, destacando entre outros temas “o interese das biografías expostas e das actividades complementarias que os centros que acollen estas mostras soen organizar ao seu redor”. Segundo engaden, “o vindeiro curso académico comezará de novo o seu percorrido pola xeografía galega”.
Por certo que como alternativa para as persoas que desexan ver os materiais pero non poden facelo de xeito presencial, na páxina web do colectivo organizador hai dispoñible unha versión virtual ás exposicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?