Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O investigador en Google Pablo Montero fala hoxe na FIC sobre redes neurais e estimación estatística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O investigador en Google Pablo Montero fala hoxe na FIC sobre redes neurais e estimación estatística

S. P.
Publicado: 11/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

informatica_udc_fic.jpgPablo Montero Manso, profesor na Universidade de Sidney e actualmente investigador visitante en Google, imparte esta mañá ás 12.00 unha conferencia no salón de Graos da Facultade de Informática da UDC, que tamén se poderá seguir en streaming. No seu relatorio, organizado polo grupo MODES, Montero Manso presentará resultados sobre como as grandes redes neurais preentrenadas poden converterse en estimadores estatísticos case óptimos, con aplicacións significativas na previsión de series temporais.
Montero Manso analizará como estas redes, adestradas nun extenso número de simulacións derivadas de procesos de xeración de datos, poden superar ás propias familias de modelos que xeran estes datos. Por exemplo, unha rede neural adestrada en simulacións ARIMA (AutoRegressive Integrated Moving Average) pode chegar a ser máis precisa na predición de novas observacións de verdadeiros procesos ARIMA que un estimador canónico de Máxima Verosimilitud + AIC para o ARIMA.
Montero Manso propón nun dos exemplos do estudo unha solución aproximada a un problema que desafiou á comunidade de series temporais durante décadas: o crebacabezas da combinación de modelos de previsión, ou como atopar as ponderacións óptimas para a combinación de modelos.
Pablo Montero Manso é profesor titular na Universidade de Sidney e actualmente investigador visitante en Google. A súa investigación céntrase na Aprendizaxe Automática, a Intelixencia Artificial e as ferramentas estatísticas para a análise de series temporais, abranguendo a previsión, a clasificación, a agrupación e a visualización de datos. Pablo desenvolveu modelos preditivos galardoados en importantes concursos de predición como o M4 e o M6, e os seus modelos foron adoptados pola industria.
Durante a pandemia de COVID-19, Montero Manso contribuíu con modelos e predicións precisas sobre a evolución da pandemia, que foron parte do proceso de toma de decisións en Australia, España e a Unión Europea. Ademais, é membro do consello asesor do proxecto WHY, que analiza o consumo enerxético dos fogares europeos para a elaboración de políticas, e é autor e colaborador de varias ferramentas de código aberto e conxuntos de datos en Python e R, incluído o popular paquete TSclust para a agrupación de series temporais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?