Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea intégrase no Foro Social do Instituto da Lingua Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea intégrase no Foro Social do Instituto da Lingua Galega

S. P.
Publicado: 11/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

reunion_foro_social_4_instituto_lingua_galega_usc.jpgO Instituto da Lingua Galega, centro de investigación lingüística pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, constituíu o pasado 2 de xullo o seu Foro Social, un órgano de asesoramento externo conformado por membros de distintas institucións do eido cultural, editorial, dos medios de comunicación, da investigación e da empresa. Balidea, como empresa con ampla experiencia no desenvolvemento de tecnoloxías da linguaxe e que aposta por solucións que permitan a comunicación en galego, foi seleccionada para formar parte do Foro.
Fíxoo a través da representación de Mari Carmen López Pérez, responsable do Departamento de I+D+i.
Ademais, o Foro Social tamén contará coa participación de Xosé Barato (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Lorena Barbeito (CIEDIX), Senén Barro (CiTIUS), Mónica Fernández (CTNL), Valentina Formoso (profesora de Educación Secundaria), César González (Incipit), Ana María Guerra (Asociación Galega de Editoras), Darío Janeiro (CPXG), Xusto Rodríguez (Servizo de Normalización Lingüística da USC), Goretti Sanmartín (Alcaldesa de Santiago de Compostela) e Sara Seco (creadora de contido).
Desde a súa fundación, en 1971, o Instituto da Lingua Galega leva a cabo unha constante actividade de investigación nos campos da lingüística e a filoloxía galegas, así como no desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas que poñan a disposición, tanto da comunidade académica como da sociedade en xeral, o coñecemento xerado polas actividades de investigación.
Agora, a través da constitución do Foro Social, preténdese que o Instituto vaia un paso máis aló, integrándose plenamente na sociedade galega e evolucionando da man desta. O Foro encargarase de trasladar á sociedade información sobre o Instituto da Lingua Galega, co obxectivo de que este último logre unha maior proxección na súa contorna. Neste aspecto, os membros do órgano de asesoramento prestarán apoio na elaboración e implantación dos plans estratéxicos do centro, debatendo as tendencias e cambios nas demandas sociais que resulten de interese para o desenvolvemento de actividades de investigación, difusión e transferencia do Instituto.
En palabras de Balidea, “a presenza da nosa empresa no Foro Social do Instituto da Lingua Galega non fai máis que ratificar o seu papel como referente no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan a comunicación en galego. Tralo éxito de FalAI, que se converteu na base de datasets para asistentes virtuais de modo aberto máis grande do mundo, seguimos a traballar no desenvolvemento de asistentes virtuais que non só se expresen en galego, senón que o entendan á perfección, independentemente das súas variedades dialectais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?