Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña presenta a plataforma de recollida de datos turísticos da comarca do Eume
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña presenta a plataforma de recollida de datos turísticos da comarca do Eume

S. P.
Publicado: 12/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_plataforma_datos_turisticos_comarca_eume.jpgA Deputación da Coruña presentou en Pontedeume a plataforma de recollida de datos turísticos da comarca do Eume, que forma parte dunha actuación contemplada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Fragas do Eume, promovido pola institución provincial e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O vicepresidente, Xosé Regueira, deu paso á presentación, trala benvida por parte do deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, a unha xornada na que tamén participaron representantes dos concellos da comarca.
A empresa Data Monitoring explicou os detalles da plataforma, que recollerá datos turísticos unificados e en tempo real sobre as persoas turistas e visitantes que chegan á comarca do Eume. Esta información permitirá ás empresas e ás administracións públicas adaptar a súa oferta ás demandas e necesidades reais, e planificar as accións de promoción e mercadotecnia. Todos os datos turísticos estarán dispoñibles no Espazo Profesional da Comarca do Eume.
“Estou convencido de que estamos nunha zona que é a gran xoia do turismo de Galicia, unha xoia que debemos coidar, apostando por un turismo responsable nun parque natural como o das Fragas do Eume no que a sustentabilidade é irrenunciable”, comentou Regueira, engadindo que “para isto debemos aplicar ferramentas que nos permitan seleccionar o perfil de turista que queremos atraer, e ofrecerlle produtos deseñados á súa medida”.
Regueira sinalou que “esta plataforma é un primeiro paso no camiño a ese turismo de futuro. Somos un territorio turístico consolidado no escenario nacional e internacional, e é o momento de avanzar en intelixencia de datos para deseñar estratexias e produtos en base a esa información”.
O vicepresidente salientou a importancia de “coñecer os datos dos visitantes e turistas, e do seu comportamento en destinos como as Fragas do Eume, para mellorar a competitividade e a sustentabilidade turística”. Deste xeito, explicou, “poderemos continuar avanzando nun turismo que, para nós, só ten razón de ser se repercute de maneira positiva no territorio, económica, social e medioambientalmente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?