Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Elo – Sistemas de Información (Grupo Seresco) celebra tres décadas de éxito en solucións de rexistro horario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Elo – Sistemas de Información (Grupo Seresco) celebra tres décadas de éxito en solucións de rexistro horario

S. P.
Publicado: 15/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

control_de_accesos_002_1_.jpgA xornada de 37,5 horas semanais prevista por lei para 2025 e o rexistro horario reflicten unha nova realidade que supoñerá un fito no mercado laboral español. Unha vez aprobada a lei, todas as empresas, con independencia do tamaño do seu persoal, terán que rexistrar a xornada laboral dos seus empregados por medios telemáticos.
Neste sentido, para atopar a solución de fichaxe máis axeitada para os negocios, é conveniente recorrer á fiabilidade, á experiencia e á capacidade de adaptación de empresas como Elo – Sistemas de Información, tecnolóxica portuguesa con ampla presenza en Galicia, pertencente ao Grupo Seresco, que conta con máis de 600 clientes e é referente na xestión de tempos e persoas. Cun forte compoñente de innovación e alcance multinacional, a compañía celebra agora 30 anos dando apoio ás organizacións con ferramentas deste tipo.
Elo é empresa pioneira en presentar ao mercado soluciones de software que achegan flexibilidade e escalabilidade no sector dos Recursos Humanos, en función das necesidades de cada compañía. De feito, as súas tres décadas de actividade estiveron marcadas por importantes innovacións tecnolóxicas nun sector que sufriu cambios significativos nos últimos tempos, especialmente tras a pandemia de COVID-19.
Concretamente, Elo conta con solucións para o control de tempos (TIME), así como para a o control de acceso de persoas e vehículos (SECURITY), que achegan interesantes beneficios ás compañías, como por exemplo as que citamos a continuación: eficiencia na xestión do tempo (automatización do seguimento de horarios, reducindo erros manuais); cumprimento legal (cumprimento das normativas laborais sobre rexistros de xornada); optimización de recursos humanos (planificación de quendas e xestión de ausencias e permisos); mellora na produtividade (monitoraxe precisa do tempo de traballo, permitindo identificar e corrixir ineficiencias); acceso a datos en tempo real (información actualizada sobre a presenza e ausencias dos empregados); redución de custes (menor necesidade de supervisión manual e menor incidencia de erros na nómina); meirande transparencia (existro claro e accesible das horas traballadas por cada empregado); e mellora da seguridade (control estrito de quen pode acceder ás instalacións, aumentando a seguridade do persoal e os activos).
Integración de Elo-SI no Grupo Seresco, unha clara aposta polo mercado español e galego
En 2023, Elo-SI vendeu o 76,87% do seu capital a Grupo Seresco, multinacional española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital de empresas e organismos públicos, que cotiza no BME Growth. Aproveitando as sinerxías creadas con outras divisións do grupo tecnolóxico, concretamente nas áreas de nóminas e recursos humanos, Elo-SI consolidou a súa presenza no mercado español, onde xa conta con clientes de referencia como Pescanova ou Fandicosta, ambas as empresas con sede central en Galicia.
Ademais dos seus clientes directos, Elo conta cunha rede de máis de 90 partners e integra as súas solucións co principais software ERP e de xestión de Recursos Humanos do mercado, como Milena (Seresco), Microsoft, SAGE, CEGID, SAP, PHC, entre outros.
En canto ao hardware, a empresa tecnolóxica aposta por traballar coas marcas máis recoñecidas de xestión de presenza e control de accesos, como Suprema, ZKTeco, ISGUS e HIK Vision.
Para Fernando Carvalho, co-manager de Operacións e Desenvolvemento de Software, “traballar con referencias ineludibles no mercado envía unha importante mensaxe aos nosos clientes: que a calidade é un valor do que non prescindimos, non só no desenvolvemento das nosas solucións, senón tamén nos partners e marcas cos que complementamos a nosa oferta.”
Con preto de 30 empregados, repartidos entre a súa sede no Porto e a súa oficina en Lisboa, Elo – Sistemas de Información prevé facturar preto de 3 millóns de euros en 2024, o que supón un aumento do 6%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?