Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telecomunicación da UVigo publica unha guía pioneira sobre o uso da IA Xerativa nas aulas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telecomunicación da UVigo publica unha guía pioneira sobre o uso da IA Xerativa nas aulas

S. P.
Publicado: 15/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

guiaiateleco1.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acaba de publicar unha guía pioneira sobre o uso da Intelixencia Artificial Xerativa (IAX) nas aulas universitarias. Este recurso convertería á Escola “no primeiro centro da institución académica viguesa en regular o uso dunha tecnoloxía cada vez máis omnipresente”, informou a UVigo, salientando algunhas das súas potencialidades principais: é capaz de xerar contido novo, como texto, imaxes ou programas informáticos, e pode empregarse de diversas formas para apoiar a realización de moitas tarefas propias do alumnado e do profesorado universitario.
“A nosa idea é tratar de integrar de forma ética estas ferramentas no día a día do ámbito educativo universitario”, explica a directora da escola, Rebeca P. Díaz, quen engade que se elaboraron dous documentos independentes: un informe de arredor de 40 páxinas sobre o uso da IAX na realización de actividades académicas na universidade, e un segundo documento, máis sintético, dirixido especificamente ao alumnado, con indicacións concretas para os alumnos e alumnas sobre como poden empregar estas tecnoloxías.
A elaboración de ambas guías correu a cargo dun grupo de traballo conformado por máis de vinte docentes de distintos departamentos do centro (Enxeñaría Telemática, Tecnoloxía Electrónica e Teoría do Sinal e da Comunicación), coordinados polo docente Manuel Caeiro Rodríguez e apoiado e impulsado pola dirección da escola. “Todas as persoas que forman parte deste equipo traballan no ámbito da IA aplicado a diferentes ámbitos e, por tanto, teñen un coñecemento moi próximo do seu uso, potencialidades e riscos”, explica Díaz, ao que engade que as novas directrices se aplicarán a moi curto prazo na EET, pero que son abertas a calquera docente e estudante universitario.
Baixo o título Usos da IA Xerativa na docencia. Documento marco na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación os docentes presentan a súa visión sobre o uso da IAX, revisando esta tecnoloxía desde unha perspectiva académica. “Entendemos que IAX está sendo empregada de forma moi proveitosa en ámbitos moi diversos e para distintas tarefas, tamén por nós, docentes e persoal investigador”, explica o coordinador do documento, o profesor Manuel Caeiro, quen insiste en que a IAX é unha ferramenta con gran potencialidade para o traballo nas aulas universitarias. “Consideramos que non debe ser prohibida, entre outros factores porque non é sinxelo poder detectar o seu uso. Pola contra, pensamos que o que debemos facer é aprender e ensinar a utilizala de forma axeitada, é dicir, de forma ética, responsable e crítica”, recalca Caeiro.
Con ambos documentos a escola busca preparar ao alumnado o mellor posible para que se poida desenvolver nun mundo no que a IAX vai ser omnipresente. “Agora ben, tamén somos conscientes de que a IAX non deberá ser utilizada para eludir a realización de actividades necesarias para a aprendizaxe”. Estas dúas cuestións supoñen, a xuízo do equipo redactor das guías, un reto que obrigará a reflexionar e reformular as metodoloxías empregadas actualmente na docencia e a avaliación das materias. “Insistimos en que este reto deberá ser abordado dende o acollemento e a formación, e non dende a prohibición”, insiste Caeiro.
Para logralo o informe conta con varios apartados nos que se debulla esta visión sobre a IAX ao tempo que se presentan os seus fundamentos, limitacións e perigos, suxestións para a elaboración de consultas axeitadas para estas ferramentas, exemplos de uso para profesorado e estudantado, competencias a desenvolver, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?