Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo de Enxeñaría Informática gaña o concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo de Enxeñaría Informática gaña o concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo

S. P.
Publicado: 15/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

crida11_uvigo_airempires.jpgA proposta dun xogo de estratexia chamado AirEmpires: Sky Management realizada por un equipo da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense vén de gañar a 2ª edición do Concurso de ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo, certame convocado por Enaire, o xestor da navegación aérea en España, dependente do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, a través do seu centro de investigación, Crida.
O obxectivo do certame foi “fomentar a iniciativa emprendedora e impulsar a transformación de ideas de negocio en empresas reais, promovendo e desenvolvendo ideas en fases iniciais”. O premio estivo dividido en dúas fases. Na primeira, seleccionáronse as cinco mellores ideas de negocio en xestión do tráfico aéreo entre as presentadas, concedendo tres premios con dotación económica. Entre as propostas que superaron esta etapa estiveron tres realizadas desde o Campus de Ourense. Na segunda fase, as cinco propostas escollidas participaron nun proceso de incubación de dous meses no que recibiron formación co obxectivo de desenvolver o seu plan de negocio.
A entidade organizadora entregou os días pasados o premio final, dotado con 10.000 euros, á proposta AirEmpires: Sky Management. Trátase dun xogo de estratexia en tempo real que se pode xogar a través de Internet e que fusiona a xestión do tráfico aéreo coa construción e expansión ao estilo do coñecido xogo Age of Empires. O obxectivo desta proposta é divulgar o sistema de navegación aérea entre a xuventude. O equipo gañador está formado por persoal investigador do grupo Lia2 da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense, integrado por Francisco Javier Rodríguez, Lorena Otero, Rubén Fernández, Manuel Alonso Carracedo e Antonio Adrián González. No acto celebrado en Madrid entregoulles o premio José Miguel de Pablo, director de Crida, e Enrique Maurer, director xeral de Enaire.
“Estamos moi orgullosos do traballo feito nestes cinco meses de competición e sobre todo por traballar cunha idea tan innovadora e rupturista coma a nosa”, destaca o equipo da UVigo gañador. Así, explican que arrancaron a fase final do certame nun segundo posto “pero puidemos demostrar que os videoxogos poden ter un bo modelo de negocio por detrás e ser un ferramenta que axude a unha institución como Enaire a ser máis coñecida e incluso espertar vocacións na xuventude”. Outras dúas propostas da UVigo chegaron á fase final deste concurso. Unha delas é Drone Watch, centrada nos sistemas de protección contra UAVs intrusos e realizada por Gabriel Alejandro Pérez, egresado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo e alumno do seu Mestrado en Aeronáutica. A outra é VortexGuard Aviation System, de Alberto Rodríguez, egresado da mesma escola e centrada na redución dos tempos entre despegues en aeroportos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?