Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira acolle este xoves 18 a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira acolle este xoves 18 a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación

S. P.
Publicado: 16/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_pel_deputacion_ribeira.jpgO novo Auditorio de Ribeira, unha das grandes obras públicas da xeografía galega no que vai de ano, vai acoller este xoves 18 de xullo a gala de entrega dos Premios PEL da Deputación da Coruña ás mellores e máis innovadoras empresas da provincia. O acto será aberto ao público e con entrada gratuíta, estando previsto o seu comezo ás 19.00 horas. Un total de 92 candidaturas concorren á sexta edición destes importantes galardóns. O evento contará coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso, e cunha ampla representación do tecido social, económico e empresarial da provincia. A gala será conducida pola actriz e presentadora Marta Doviro e contará coa actuación musical do grupo boirense D´Crooners Band.
O xurado
Por certo que o xurado reuniuse este martes 16 de xullo na sede da Deputación na cidade da Coruña, aínda que o fallo darase a coñecer oficialmente durante a gala de entrega dos galardóns PEL 2024 en Ribeira. Nesta edición, o xurado estivo presidido polo presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla Ramil, mentres que o cargo de secretario desempeñouno Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña.
Tamén integran o xurado José Manuel Cotos Yáñez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela; Antonio García Lorenzo, catedrático de Escola Universitaria na UDC e membro do grupo de investigación Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento; Rosa Mary Cardeso Trillo, secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; Ángel Noguerol Urrutia, técnico de innovación e emprendemento da Cámara de Comercio da Coruña; Carme Pampín Casal, cofundadora e CEO de Galchimia S.A., empresa gañadora da IV edición dos premios PEL; e Eva González Mata, directora da store negocios de CaixaBank na Coruña.
72.000 euros en premios para as mellores empresas
premios_pel_deputacion_coruna_xurado_2024.jpg As candidaturas presentadas optan a un premio de 18.000 euros en cada unha das catro categorías, que son: mellor iniciativa empresarial nova, para pemes, microempresas e autónomos e persoas autónomas que iniciasen a súa actividade empresarial en 2023 ou 2024; mellor iniciativa empresarial consolidada, para pemes, microempresas, e profesionais autónomos que iniciasen a súa actividade en 2019 ou con anterioridade; e mellor iniciativa verde, a gran novidade desta sexta edición, para pemes, microempresas e autónomos e autónomas, asociacións, clústeres empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética. Outra das novidades deste ano é que o xurado de expertos outorgará un premio á mellor iniciativa transformadora do rural como recoñecemento ás entidades que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostible e integrador nestas zonas. Neste caso, os 18.000 euros deberanse destinar a financiar un proxecto a desenvolver pola entidade gañadora.
Amais, farase entrega dun recoñecemento especial ao mellor comunicador ou comunicadora en materia de economía e empresa pola súa contribución á difusión do potencial económico de Galicia e e as súas empresas.
Récord de participación
Un total de 92 empresas da provincia optan ao premio este ano, o que, en palabras da Deputación, “supón un récord de participación con respecto ás edicións anteriores”.
A maior parte das empresas que concorren aos premios teñen a súa sede nos concellos da Coruña (20), Santiago (7) e Ferrol (5). En canto á tipoloxía destacan as microempresas (36), seguidas dos profesionais autónomos (18) e por actividade destacan as empresas de servizos técnicos ou tecnolóxicos. Na categoría de mellor iniciativa verde concorren, ademais de empresas, concellos e asociacións empresariais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?