O Concello de Santiago informou de que a concesionaria do servizo de transporte urbano, Tralusa, vén de reclamar á súa operadora de telefonía que “realice as reparacións necesarias para garantir o correcto funcionamento da aplicación móbil MaisBus”.
Na inspección por parte da empresa pública local Tussa, Tralusa confirmou que a ferramenta MaisBus rexistrou fallos no seu funcionamento desde o 8 de xullo, se ben a caída total do sistema se produciu o pasado luns, día 15. Desde entón, a aplicación vén funcionando de maneira intermitente, nunha situación que o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, xa cualificou de “inaceptable” e que motivou a inspección realizada este xoves 18 de xullo, despois dos requirimentos que lle foran enviados a Tralusa nos días anteriores.
Desde a empresa municipal Tussa informan que seguirán “vixilantes”e nos vindeiros días e en permanente comunicación con Tralusa para recuperar a operatividade da aplicación MaisBus no “menor prazo posible”, ao tempo que se avalían os informes sobre a situación xerada nestes días.
Iníciase o proceso para pór a punto a aplicación MaisBus do transporte de Santiago
Compartir Este Artigo

