Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alento asesorará de balde a 30 proxectos en materia de mercadotecnia e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alento asesorará de balde a 30 proxectos en materia de mercadotecnia e comunicación

S. P.
Publicado: 19/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240719_sx_emprego_e_dx_taes_presentacion_programa_alento_1_.jpgO secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, presentaron este 19 de xullo os detalles do programa Alento, que asesorará de balde a 30 proxectos emprendedores en materia de mercadotecnia (marketing) e comunicación.
Salientaron que a Rede de Polos de Emprendemento e apoio ao emprego conta xa con 14 centros despregados, e tamén destacaron o convenio entre a Consellería de Emprego e o Clúster da Comunicación de Galicia para poñer en marcha por primeira vez o dito programa.
No acto celebrado en Vigo emprendedores da industria da comunicación compartiron as súas experiencias sobre os erros que cometeron ao iniciar as súas empresas, como unha oportunidade para aprender dos fracasos e dos desafíos doutros.
Os representantes autonómicos indicaron que na Rede de Polos ofrécese ás persoas emprendedoras “non só un espazo onde recibir asesoramento técnico para acadar o éxito senón tamén onde entrar en contacto con outros novos empresarios para, entre todos, facer medrar o tecido produtivo galego”.
A iniciativa Alento (Impulso a comunicación para emprender) enmárcase na Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e busca impulsar os negocios emprendedores competitivos e que contribúan á xeración de emprego.
Cun orzamento de 120.000 euros, ofrecerá asesoramento a un total de 30 proxectos (seleccionados de xeito preferente entre os atendidos na Rede de Polos) para acompañalos nos procesos de xestión de saída ao mercado, conexión co seu público obxectivo e na creación de marcas que aporten valor aos seus clientes potenciando así a xeración de empresas máis fortes e sustentables.
Este labor de asesoramento será realizado por empresas vencelladas ao Clúster da Comunicación de Galicia e comprende un catálogo de 10 servizos para “capacitar á comunidade emprendedora ante os novos retos do mercado, dotándoa dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas de xestión”, informaron, engadindo que os servizos son “deseño de imaxe corporativa e deseño e desenvolvemento de web e comercio electrónico, definición da estratexia e accións de mercadotecnia dixital, desenvolvemento de gráficas publicitarias, investigación de mercados, accións relacionadas coa estratexia de comunicación para pemes, de video-marketing e tamén produtos de impresión publicitaria”.
A finalidade é que “estas tarefas sirvan de apoio á comunidade emprendedora en aspectos como a busca de novas canles de comercialización, novos públicos obxectivos, melloras no valor percibido dos produtos e servizos e promoción en xeral, co fin de conseguir unha oferta diferenciada e rendible”, engadiron.
O prazo para a inscrición de proxectos de emprendemento está aberto e as persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web do programa. Para a selección dos proxectos valoraranse distintos aspectos como a viabilidade, a transferencia de coñecemento, a xeración de innovación, o impacto económico, entre outros. Tamén se analizarán distintas cuestións relativas ás persoas emprendedoras das iniciativas como a súa formación, experiencia profesional ou coñecementos técnicos do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?