Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo lanza unha oferta e un servizo de atención telefónica para persoas de 65 anos ou máis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo lanza unha oferta e un servizo de atención telefónica para persoas de 65 anos ou máis

S. P.
Publicado: 24/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

persoa_maior_novas_tecnoloxias_senior.jpgA operadora Adamo lanzou unha novidade este mes de xullo que, segundo indica, está feita a medida das preto de dez millóns de persoas que teñen hoxe 65 anos ou máis en España, o que supón unha quinta parte da poboación. Segundo indica a empresa, “este grupo demográfico presenta, en xeral, certos problemas na súa relación coa tecnoloxía”. Considerando esta perspectiva, Adamo pon no mercado unha oferta e un servizo de atención telefónica exclusivos para esta poboación sénior que inclúe paquetes de fibra, fixo e móbil a 26 euros.
maior_novas_tecnoloxias_senior_2.jpgEn concreto, Adamo ofrécelles fibra óptica de 200 Mbps no fogar e 12 GB para o móbil a un prezo definitivo de 26 euros. Este pack inclúe fixo, “a diferenza do que adoitan demandar os clientes noutros segmentos, xa que as persoas que teñen ou superan a tradicional idade de xubilación están máis afeitas a estas liñas”, indican dende Adamo, engadindo que “deste xeito a oferta agrega chamadas ilimitadas a outros fixos e un bono de 400 minutos a móbiles”. Ademais, Adamo permite conservar o número de teléfono (tanto móbil como fixo) a aqueles usuarios que contraten coa empresa.
Así mesmo, ao obxecto de complementar ese produto, Adamo tamén trata de adaptarse ás necesidades e ás demandas particulares dos maiores de 64 anos coa posta en funcionamento dun servizo de atención telefónica para eles no 900 651 665. Nese número poden ser atendidos por operadores especificamente formados para resolver as dúbidas ou as dificultades que expoñan as persoas encadradas no citado grupo de poboación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?