Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas galegas intensifican a súa aposta pola innovación tecnolóxica, segundo o Informe ARDÁN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas galegas intensifican a súa aposta pola innovación tecnolóxica, segundo o Informe ARDÁN

S. P.
Publicado: 24/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presentacion_informe_ardan_zona_franca.jpgA Zona Franca de Vigo e a UVigo presentaron esta semana o Informe ARDÁN Galicia 2024, ferramenta referencial para a análise da evolución do tecido empresarial da nosa terra, que ofrece ao ecosistema de empresas e institucións información útil para a toma de decisións. Novamente constatouse na investigación unha importancia cada vez maior da innovación tecnolóxica no tecido produtivo galego, abranguendo todos os sectores.
O delegado da Zona Franca, David Regades, acompañado dos catedráticos da UVigo Santiago Lago, Belén Fernández-Feijóo e Xosé H. Vázquez, detallou os datos globais do informe que revela que o conxunto das 41.886 sociedades analizadas alcanzaron en 2022 137.000 millóns de euros en ingresos de explotación, un 9,4% máis que no ano anterior, e xeraron 32.135 millóns de valor engadido bruto, que supuxo unha achega ao PIB de Galicia do 46%.
Segundo indicou Regades, as empresas obtiveron uns beneficios globais de 1.175 millóns de euros e achegaron 235 millóns, vía impostos. Pola súa banda, a creación neta de postos de traballo foi dun 6,28%. Nunha comparativa sobre o emprego respecto á situación antes da pandemia, por cada cinco postos de traballo de 2019 existe un novo actualmente.
O documento tamén constata unha mellora das medias en actividade e eficiencia. O resultado neto de explotación medrou a un ritmo do 7,2% e o resultado do exercicio ao 6,3%. A rendibilidade económica e a rendibilidade financeira alcanzaron rexistros tamén superiores aos do ano anterior, situándose no 3,99% e o 7,6%. Tamén mellora a marxe de explotación, a rotación dos activos e a rotación das existencias.
Doutra banda, un total de 1.289 compañías galegas superan os restritivos criterios para obter algún dos 10 indicadores ARDÁN, o que representa o 3,5% do total analizado. A firma viguesa ROEIRASA é a única en Galicia que alcanza os 6 indicadores; outras seis firmas galegas logran entre 4 e 5 galardóns nesta edición.
Vigo volve estar á cabeza das contornas industriais e innovadoras galegas, de feito o tecido empresarial implantado na comarca supón o 20% das empresas analizadas, que contribuíron ao total de Galicia co 25% dos ingresos de explotación.
Respecto do factor innovación, o informe destaca que “as empresas continúan demostrando o seu compromiso innovador, crucial para o seu crecemento e competitividade global”, constatándose que o 67% das firmas implementou melloras significativas nos seus procesos internos mellorando capacidade e flexibilidade na produción. Un 19% reportou cambios organizativos e obsérvase tamén unha mellora nas innovacións financeiras e modelos de negocio. O informe salienta tamén que “as empresas non só están a innovar en tecnoloxía, senón transformando as súas estruturas organizativas e procesos para adaptarse mellor ás esixencias do mercado global”.
No top 10 de empresas innovadoras galegas figuran as seguintes, nesta orde: Galchimia, Marine Instruments, Análisis y Soluciones de Ingeniería, Quobis Networks, Blanco Mayer, HERMASA Canning Technology, Sixtema Proyectos de Información, CO2 Smart Tech, Citanias Obras y Servizos e Sistemas Audiovisuales ITELSIS. Nos seguintes postos da lista aparecen máis empresas do ámbito das novas tecnoloxías: Igalia, Innovalabs, Servizos de Mantenimiento y Limpieza Tere, Torus Software Solutions e Eccocar Sharing.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?