Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 34 pemes reciben axudas de GAIN para mellorar a súa capacidade innovadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

34 pemes reciben axudas de GAIN para mellorar a súa capacidade innovadora

S. P.
Publicado: 29/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innovapeme_gain.jpgA Axencia Galega de Innovación (Consellería de Educación e Ciencia), vén de resolver a convocatoria de Innovapeme 2024, cuxo obxectivo é “mellorar a capacidade innovadora de pemes e microempresas a través do financiamento de plans de innovación en procesos e organización”. A resolución concede preto de 2,2M€ de axuda conseguindo unha mobilización de case 4,4M€.
Balance da convocatoria 2024
A Axencia apoia 34 plans de Innovación para que as empresas poidan mellorar ou adaptar os seus procesos e a súa organización para ser máis eficientes, integrar tecnoloxías ou introducir novos produtos e servizos no mercado. A axuda media desta liña é de 64.500€.
Por tamaño da empresa, o 44,1% son micropemes, o 35,3% son pequenas empresas e o 20,6% son mediana empresa.
Por provincias, a maioría das pemes beneficiaras desenvolven os seus plans en A Coruña (44,1%) e en Pontevedra (29,4%), mentres que o resto implantaranse na provincia de Ourense (14,7%) e Lugo (11,8%). Ademais, 19 desenvolveranse en concellos emprendedores.
Esta axudas financian plans que contemplan 25 novas contratacións , das que 19 son mulleres e implican a máis de 120 persoas cun investimento de máis de 1.3M€ en persoal propio e máis de 250.000 € en novas contratacións.
Destacan as subcontratacións con empresas tecnolóxicas e/ou organismos de investigación por importe de preto de 1M€. Entre os beneficiarios, figuran empresas do sector forestal e da madeira, de maquinaria para a industria da pesca, de alimentación, do sector servizos ou das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), entre outros.
Balance 2017-2024
GAIN fai saber que dende a súa posta en marcha no 2017, esta liña de axudas, permitiu impulsar 262 actuacións cun investimento de case 20M€ mobilizándose máis de 39M€.
No balance indícase que “nestas iniciativas empresariais teñen participado máis de 1.200 persoas, das que 220 foron novas contratacións, e máis da metade foron mulleres ou persoas con diversidade funcional”.
Ademais, faise saber que estes programas teñen impulsado a colaboración entre axentes de coñecemento de Galicia a través de máis de 350 subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación galegos.
Das 262 subvencións concedidas, 115 foron para micropemes, 89 para pequenas empresas e 58 para medianas empresas.
No balance explícase que por provincias, A Coruña e Pontevedra son as máis dinámicas, cun 83% das axudas concedidas neste período, mentres que Lugo acadou o 11% e Ourense o 6%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?