Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG alcanza unha facturación récord de 10 millóns de euros e 130 empregados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG alcanza unha facturación récord de 10 millóns de euros e 130 empregados

S. P.
Publicado: 29/07/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

itg_presentacion_resultados.jpgO Centro Tecnolóxico ITG alcanzou en 2023 unha facturación récord de 9,8 millóns de euros, ademais de ampliar o seu persoal ata os 130 profesionais por primeira vez na súa historia. Nestas cifras, segundo explicou este 29 de xullo Carlos Calvo (director xeral do centro), influíu o incremento nun 34% da actividade de ITG en Intelixencia Artificial grazas ás súas solucións desenvolvidas especificamente para empresas e institucións en sectores como o audiovisual, téxtil, alimentación, industria, seguridade e defensa, saúde, enerxía ou auga.
No balance tamén se fai saber que o 60% dos ingresos do centro tecnolóxico teñen a súa orixe na venda de solucións ao mercado, mentres que o 40% proveñen da súa participación en iniciativas europeas de I+D de primeiro nivel que permiten innovar continuamente a súa oferta de servizos.
“Logo de 30 anos de traxectoria”, sinalou Calvo, “o ITG posicionouse como un referente no desenvolvemento de tecnoloxías e innovación para empresas e institucións, unha actividade que recibiu o recoñecemento de excelencia Cervera do Ministerio de Ciencia e Innovación nos ámbitos específicos da Intelixencia artificial, a computación cuántica, a transición enerxética e a mobilidade autónoma”.
Calvo e Óscar González Represas (director da División TIC & IA) engadiron que a actividade de ITG, con sede na Coruña, “excede o ámbito nacional e abrangue xa 30 países”, e que a súa participación en programas europeos de I+D como Horizon Europe “consolidou a relación con empresas e entidades de practicamente todos os países da Unión Europea, así como con empresas e entidades dos Estados Unidos, Israel ou Sudáfrica”.
Estas iniciativas mobilizaron nos últimos tres anos un orzamento conxunto de todos os seus socios de 175 millóns de euros e permitiron atraer a Galicia financiamento para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos que “permiten situar á Comunidade na vangarda da innovación”, sinalaron, engadindo que “a nosa experiencia e expertise posiciónannos como centro tecnolóxico de referencia no desenvolvemento de solucións prácticas destinadas a mellorar a capacidade competitiva do noso tecido empresarial e impulsar o cambio que necesita o país”.
Explicaron tamén que o Galaxy-Lab de ITG, o laboratorio avanzado con 1.500m2 de equipamento na Cidade das TIC da Coruña, foi clave no crecemento do centro tecnolóxico. Desde a súa inauguración, hai 8 meses, foi visitado por 102 entidades e empresas que o usaron especificamente para experimentar con sistemas aéreos non tripulados no ámbito do transporte de pasaxeiros e mercadorías en zonas urbanas. As demostracións e probas de produtos nunha contorna controlada e que cumpra a normativa de seguridade grazas á súa gaiola exterior para drons de 20 metros de altura, “consolídao como un referente a nivel estatal para as empresas que necesitan realizar este tipo de actividades”, engadiron.
No ámbito da IA, lembraron que o ITG traballa para que tecnoloxías como a Realidade Virtual e Aumentada, a Visión Artificial ou o Procesamento de Linguaxe Natural poidan ser incorporadas de forma eficaz polas empresas nos seus procesos de negocio. “Desta forma, mediante o desenvolvemento de intelixencia que permite dar valor de mercado ao inxente volume de datos que manexamos hoxe en día, o centro tecnolóxico proporciona ás empresas ferramentas prácticas que achegan unha vantaxe competitiva, permitíndolles anticipar as respostas a problemas específicos”, apuntaron, engadindo que “o uso da IA para predicir as vendas e a optimizar os procesos produtivos e loxísticos asociados ás mesmas é un dos desenvolvementos máis solicitados polas empresas a ITG actualmente, así como a detección de fallos de envasado mediante Visión Artificial ou predicir a calidade de produtos alimentarios”.
“O noso obxectivo é transferir o potencial da IA ao tecido industrial e xerar un impacto real na economía”, concluíu Óscar González Represas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?